Fermín Hidalgo convértese no novo adestrador de Lugo Sala
É o elixido. Fermín Hidalgo De La Chica (28/10/1986 – Xaén) converteuse no día de hoxe no novo encargado de dirixir o primeiro equipo do club. O preparador de 39 anos acumula experiencia en varias categorías inferiores do fútbol sala español e tras as negociación das últimas semanas chegouse a un acordo para a súa incorporación ao novo proxecto de Lugo Sala.
Fermín Hidalgo formouse como técnico nas categorías inferiores do Xaén FS, logo incorporouse ao Bujalance FS durante cinco tempadas, da 19/20 á 23/34, disputando a 3ª e 2ª división B. Nesta pasada tempada 24/25 regresou ao Xaén Paraíso Interior onde dirixiu ao equipo filial do conxunto xienense co que finalizou a liga regular na 5ª posición do grupo 5.
O novo preparador dos nosos chega con moitas ganas a este novo proxecto do primeiro equipo e trátase dun técnico como el mesmo recoñece “competitivo e ambicioso, que basea todo no traballo, a humildade e a ilusión” ao mesmo tempo que se mostra “agradecido a Lugo Sala por confiar en min para liderar este proxecto en 2ª B” e deixando unha mensaxe á afección e club “vémonos pronto polo Municipal, afección!”.
Lugo Sala 2025/2026:
- Baixas: Álex Diz, Álvaro, Guillermo Martínez, Raúl, Saúl e Iván Gemes.
- Renovacións: Yerai, Yago Tenreiro, Mitxel, Pablito e Willy May.
- Altas: Isi (Atlético Benavente), José Segura (Enfaf Construccions Modernes), Xavito (Enfaf Construccions Modernes), Pansi (Albense), Rubén Santa (Club Doctoral), Adri García (Tafa FS) e Fermín Hidalgo (Jaén Paraíso Interior B).