Domingo 7 de setembro: VII Clinic Lugo Sala

Unha nova xornada de formación para adestradores xa está aquí. Organizada polo noso club, chega o VII Clinic Lugo Sala que unha vez máis contará cun gran elenco de adestradores e persoas vinculadas ao fútbol sala do máximo nivel mundial. Así o domingo 7 de setembro chegará esta nova edición que se desenvolverá de maneira en liña para todos os adestradores que decidan ser partícipes do mesmo para continuar coa súa formación e compartir contidos e experiencias cos sete relatores.

Este clinic, organizado polo noso club e que conta coa colaboración da Asociación Nacional de Adestradores de fútbol sala, contará coa presenza de:

  • Marc Carmona: adestrador e comentarista en Teledeporte.
  • Imanol Arregui: ex-adestrador do Nagoya Oceans (Xapón).
  • Adrián Martiño: adestrador Rayo Majadahonda FSF.
  • José Tirado: director deportivo Palma Futsal.
  • Thiago Nunes Raupp: adestrador Thakam Futsal (Tailandia).
  • David Diéguez: preparador físico Bintang Timur Surabaya (Indonesia).
  • Pulpis: adestrador Shenzhen Nanling Tielang (China).

Esta nova edición, como xa ocorrera nas anteriores, ademais de poder participar no mesmo en directo o día da súa celebración, dará a posibilidade de visualización durante os 90 días posteriores.

 

Prezos

Existen tres modalidades de prezos*:

  • Visionado en liña: 35 €.
  • Visionado en liña para socios ANEFS: 30 € (deberá acreditarse).
  • Visionado en liña + visionado do VI Clinic: 55 €.

* Todas as opcións con visionado posterior de 90 días.

 

Inscricións

As persoas interesadas en poder participar neste clinic poden cubrir dende hoxe a súa inscrición a través do código QR presente no cartel do evento ou ingresando na seguinte ligazón: https://lc.cx/n-ieNW