Repaso aos resultados da nosa canteira con Occident

(5-2) Dura derrota do filial na súa visita ao Marin FS (RESULTADOS)
(3-4) O xuvenil nacional non consigue ver a victoria e volve a caer esta vez no Municipal frente ao Carballiño (RESULTADOS)
(5-2) O cadete femenino suma a súa primera derrota esta tempada frente ao Castro FS (RESULTADOS)
Arrancaba o encontro no que nos primeiros minutos o Castro FS salía con moita máis intensidade que as do Lugo Sala. Planteando unha defensa moi dura e agresiva, que lle complicaba as cousas ás lucenses. As pupilas de Lucia, saían moito máis relaxadas, pero a partir do minuto 18 cunha Marina que se votou o equipo as espaldas, subiron a intensidade para chegar así ao descanso cun marcador en táboas (1-1) e con todo por decidirse na segunda metade.
Tras o paso por vestuarios, o Castro FS seguiu facendo o seu partido e as cadetes do Lugo Sala non foron capaces de pelealo. Tres goles do conxunto local deixaban o encontro prácticamente sentenciado, nun final caótico no que foi expulsada Nati, e quedou un equipo sen ánimos e con frustración. Aínda así, Andrea foi capaz de poñer o segundo gol para o casilleiro lucense. Pero finalmente, e con poucas cousas xa por facer, chegaba a primeira derrota do cadete femenino por 5-2.
(9-7) Victoria a moitos goles do cadete de galega na casa frente ao C.D. Laca (RESULTADOS)
(3-3) O infantil de galega deixa un resultado en táboas frente ao AD Codima no Palomar (RESULTADOS)
(11-1) Gran victoria do alevín de galega no Palomar frente ao AD Codima (RESULTADOS)




