Repaso aos resultados da nosa canteira con Candelas

(6-6) Un encontro de moitos goles entre o filial e o Composala deixa un resultado final en táboas (RESULTADOS)
(5-2) O xuvenil de galega non logra ver a victoria neste arranque de tempada e cae frente ao Trepalio FS (RESULTADOS)
(4-6) O cadete femenino suma a súa segunda derrota consecutiva frente ao Narón o Freixo (RESULTADOS)
(2-11) Dura derrota do cadete de galega a domicilio frente ao Parrulo FS (RESULTADOS)
(6-2) O infantil de galega suma unha nova victoria frente ao Parrulo FS (RESULTADOS)
(2-1) O alevín femenino suma a súa primeira victoria na tempada pola mínima frente ao Ventorrillo FS (RESULTADOS)
(5-1) O alevín de galega mantivo a calma para levarse a victoria frente ao Parrulo FS (RESULTADOS)
O equipo que dirixe Miguel Muñoz, sumaba unha nova victoria no seu casilleiro. Un encontro que comezaba con ocasións moi claras para o alevín do Lugo Sala, pero que non conseguían convertir en gol. Un tempo morto por parte do conxunto lucense, serviu para tranquilizar os xogadores e mentalizalos de que o gol iba a chegar. Así foi, uns minutos antes de chegar ao descanso, nunha xogada estratéxica de banda lograban poñer o 1-0 no marcador tras unha gran definición de Rafa.
Tras o paso por vestuarios, a dinámica sobre todo defensiva foi distinta. Unha defensa a media pista, para intentar roubar o balón e correr. Así foi como chegou o segundo tanto do Lugo Sala. O Parrulo FS non se atopaba cómodo nos seus ataques, o que aproveitaría o conxunto lucense para seguir sumando distancia no electrónico. A pesar de darlles a oportunidade de meterse no encontro tras un gol en propia porta, os pupilos de Miguel Muñoz non baixaron os brazos e sumaban así unha nova victoria por 5-1.



