O Lugo Sala imponse ao Burela FS e clasifícase para a seguinte rolda da Copa del Rey (4-2)
O Municipal de Lugo volvía a recibir un novo derbi no fútbol sala, esta vez víanse as caras o Lugo Sala e o Burela FS na terceira eliminatoria da Copa del Rey. Aínda que parecía un claro favorito a levarse o encontro o conxunto da costa lucense, por militar na segunda división, o conxunto da capital lucense tivo coraxe e conseguían firmar un gran encontro en defensa para levarse a victoria por 4-2.
Arrancaba o encontro no Municipal cun Lugo Sala cheo de ganas de plantarle cara a un Burela FS que pelea polos primeiros postos da clasificación na Segunda División. Os pupilos de Fermín Hidalgo estaban chegando con facilidade a portería rival, pero non foi ata o minuto 5 cando Pansi abría o marcador para poñer o 1-0. Poco tardou o adestrador visitante en parar o encontro, xa que os seus xogadores non se estaban atorando cómodos coa boa defensa do Lugo Sala.
Os minutos seguían pasando, e a cousa parecía que se mantiña. Pero tras unha falta na borde da área, o Burela FS poñía o marcador a iguales. A alegría duroulles pouco, xa que apareceu Isi para poñer o 2-1. O Lugo Sala realizou unha boa defensa nos dez minutos restantes da primeira metade, xa que o conxunto visitante mantivo máis a pelota xogando 5. Pero o bo traballo defensivo do conxunto lucense, deixaba esa pequena vantaxe ao descanso por 2-1.
Tras o paso por vestuarios, a dinámica seguía sendo a mesma. Unha boa defensa, esta vez por parte de ambos conxuntos, os que parecía que lles costaba ver máis o gol. Aínda así, apareceu Jose Segura para poñer o 3-1 para o Lugo Sala, e seguir así collendo vantaxe no marcador. Os minutos seguían pasando e o Burela FS seguía sin atoparse cómodo frente a boa defensa do conxunto lucense, o que veían como se lles estaba escapando o encontro.
Chegando xa ao final do encontro, aparecía o segundo gol do Burela FS, que pouco significou. Para poucos segundo de dar por finalizada a terceira eliminatoria da Copa del Rey, Pablito lograba sentenciar o partido para deixar un resultado final de 4-2, e darlles paso así ha seguinte ronda.

FICHA TÉCNICA
Lugo Sala 4: Adri, Pablo, Yago Tenreiro, Pansi, Isi – tamén xogaron – Aaron Chousa, Javi, Jose Segura, Willy May, Brunito, Miguel Muñoz, Mitxel, Dani e Pedro.
Burela FS 2: Joao, Alan Álvarez, Jason, Carlos Cayado, Guilherme – tamén xogaron – Ariel, Christian, Marco André, Alberto Mirás e Izan.
Goles: 1-0 Pansi (5’), 1-1 Jason (10’), 2-1 Alan (P.P) (10’), 3-1 Jose Segura (25’), 3-2 Alberto Mirás (39’), 4-2 Pablito (40’).
Árbitros: Daniel López López, Rubén Ferrero, Andrea González Pontevedra
Incidencias: Terceira eliminatoria da Copa del Rey



