Domingo 9 de novembro, presentación dos equipos da canteira
O vindeiro domingo 9 de novembro as 10:15h celébrase a presentación oficial dos equipos da canteira do Lugo Sala, nun evento moi especial para todos os compoñentes do club, onde se realizarán as fotos oficiáis de cada plantilla. Día no que os protagonistas son todos os rapaces e rapazas que conforman os 19 equipos, que desfilarán ante os seus familiares, amosando o gran traballo e ilusión co que dan comezo a esta nova tempada.
Tras a presentación, dará comezo o encontro correspondente a 9ª xornada da Segunda División B. Na que o primeiro equipo do Lugo Sala enfrentarase o Valladolid Tierno Galván FS, completando así unha xornada de festa e fútbol sala chea de emoción para o club.



