O Lugo Sala pecha a presentación do club cunha goleada o Valladolid Tierno Galván (8-1)

A mañá do domingo convertiuse en toda unha festa para o Lugo Sala. Coincidindo coa presentación do club, o primeiro equipo pechaba a xornada cunha gran victoria frente o Valladolid Tierno Galván. Un encontro no que os pupilos de Fermín Hidalgo estiveron moi cómodos e disfrutando frente a todos os rapaces da canteira, que decidiron quedarse para cerrar un dos días máis importantes do club.

O encontro comezaba con dous equipos un pouco igualados, onde se sentían bloqueados. Pero os catro minutos, aparecía Jose Segura para abrir o marcador do lado do Lugo Sala, con un gran gol desde fora da área. Serviu para desatascar o ataque lucense, xa que no minuto seguinte o eterno capitán, Miguel Muñoz, poñía o 2-0 no electrónico. O Valladolid Tierno Galván subía a intensidade defensiva para intentar frear os ataques dos locais, que estábanse atopando moi cómodos na pista, pero non surxía efecto. Tras transcurrir os 12 primeiros minutos, Sergio Toral viuse obrigado a parar o encontro para intentar axustar os seus discípulos.

Os minutos seguían pasando nesa primeira parte, na que o Lugo Sala estaba a ser máis superior, ante un Valladolid Tierno Galván que non lograba meter o seu primeiro gol. Isi e Jose Segura, eran os encargados de poñer o 4-0 respectivamente, para seguir agrandando a diferencia no marcador. A dous minutos de chegar ao descanso, Álvaro Vallejo poñía o primeiro gol para o conxunto pucelano, e intentar así coller boas sensacións para afrontar a segunda metade.

Tras o paso por vestuarios a dinámica seguía a ser a mesma. Aínda que o Valladolid Tierno Galván subiu un pouco máis a intensidade defensiva, frenando así os ataques do Lugo Sala, no minuto 29 aparecía de novo Isi para poñer o 5-1. O encontro comezou a poñerse máis intenso, xa que o conxunto visitante sentíase frustrado o non poder encaixar, e optou por xogar de 5. Nunha deseas xogadas, Yago Tenreiro, roba o balón e tira dende o seu propio campo como pode para poñer o 6-1, facéndose incluso dano.

No minuto 36 Pablito xa sentenciaba de todo o encontro poñendo o 7-1, e deixando aínda máis fora a un Valladolid que non se atopou na pista nos 40 minutos do partido. Por si esto fose pouco, Álvaro Vallejo introducía en propia porta o balón, tras un gran golpeo de Brunito, para poñer o resultado final de 8-1.

Gran encontro do Lugo Sala nun día moi especial para o club, e suma así a súa cuarta victoria na Segunda División B.

Resultados Segunda División B

 

FICHA TÉCNICA

Lugo Sala 8: Adri, Jose Segura, Pablito, Willy May, Pansi – tamén xogaron – Aaron Chousa, Javi, Brunito, Yago Tenreiro, Miguel Muñoz, Mitxel, Isi, Daniel e Pedro.

Valladolid Tierno Galván 1: Ignacio, Álvaro Martínez, Daniel, Mario Vaquero, Armand – tamén xogaron – Adrián, Álvaro Vallejo Javier Sanz e Jorge Sanz.

Goles: 1-0 Jose Segura (4’), 2-0 Miguel Muñoz (5’), 3-0 Isi (14’), 4-0 Jose Segura (16’), 4-1 Álvaro Vallejo (18’), 5-1 Isi (29’), 6-1 Yago Tenreiro (33’), 7-1 Pablito (36’), 8-1 Álvaro Vallejo (P.p) (37’).

Árbitros: Luís Álvarez, Daniel Díaz-Faes Rojo e Amal Alahyene Marzouki.

Incidencias:  Novena xornada da Segunda División B