Presentación oficial do VIII Torneo de Nadal do Lugo Sala
Esta mañá tivo lugar a presentación oficial do VIII Torneo de Nadal do Lugo Sala no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Como cada ano a cidade de Lugo recibe a equipos de fútbol sala de distintos puntos de España, nuns días moi sinalados do ano. 77 equipos daranse cita para disfrutar deste gran deporte.
A fase autonómica contará como xa se anunciou anteriormente con 45 equipos, e disputarase entre o 27 e 28 de decembro. A fase nacional contará con 32 equipos e celebrarase os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Nesta edición hai unha novidade, e é que contaremos cun equipo de Portugal, o Vitória Sport Clube. Polo que podemos comezar a dicir que xa é un torneo internacional.
Nesta presentación estiveron acompañando a Marcos Pereira, presidente do Lugo Sala: Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo; Javier Vázquez, Director Territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes; Manuel Otero, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación ; Jorge Bustos, Concelleiro de Deportes en Lugo.

Estas foron algunhas das palabras que tiveron as autoridades sobre o Torneo de Nadal do Lugo Sala:
Javier Arias: “O Lugo Sala está facendo unha labor importante na cidade de Lugo poñendo o fútbol sala lucense a un gran nivel”
Efrén Castro: “Coa participación este ano dun equipo portugués pois volve a poñer a Lugo en primeira linea do fútbol sala de base, e estamos encantados de ser unhos colaboradores importantes do Lugo Sala”
Manuel Otero: “Parabéns o Lugo Sala por dar continuidade, sabemos de moitos xogadores que estiveron en este torneo e que hoxe pisan a mellor liga do mundo, e eso dignifica moito a todo o torneo”
Jorge Bustos: “Estamos moi contentos outra vez de un ano máis repetir este torneo de Nadal do Lugo Sala, que é un torneo que xa está consolidado e que agrupa moitas categorías”



