Repaso aos resultados da nosa canteira con Codigocar

 

(3-1) O filial suma unha nova derrota a domicilio ante o E.D. Vigo (RESULTADOS)

(2-5) Un partido irregular deixa unha nova derrota ao xuvenil nacional ante o Salamanca FS (RESULTADOS)

Arrincaba un novo encontro no Municipal de Lugo, correspondente á xornada 16 da División de Honra Xuvenil Fútbol sala. Duelo que enfrontaba a un Lugo Sala que non está a ter unha tempada fácil, e ao Salamanca FS, que chegaba a este encontro en undécima posición.

Un encontro que comezaba con boas sensacións para o Lugo Sala, xa que no primeiro minuto, Sanfiz, foi o encargado de abrir o marcador e poñer así o 1-0. Os pupilos de Cristian Costoya estaban a se sentir moi cómodos na pista, e no minuto 12 chegaba o 2-0, esta vez asinábao Iago Nuñez. O conxunto lucense estaba a ser máis superior, pero nos últimos minutos da primeira metade, o FS Salamanca conseguiu poñer o 2-2 antes de chegar ao descanso. Polo que todo podía pasar na segunda metade.

Tras o paso por vestiarios, e a pesar de seguir sendo superiores, o Lugo Sala non foi capaz de convertelo en goles. Isto aproveitouno o FS Salamanca, que estaba un pouco máis acertado para gol. Finalmente, tras tres novos goles dos visitantes, deixaban un marcador final de 2-5. Polo que o Lugo Sala asinaba unha nova derrota na súa marcadora, a pesar de que o resultado non reflicte o bo partido que realizaron os lucenses.

(0-3) O cadete feminino coróase no derbi lucense ante o Ribeira FS (RESULTADOS)

(4-11) O cadete de galega impúxose ao CD Laca a domicilio cun gran dominio (RESULTADOS)

(5-6) O infantil de galega gaña ao AD Codima nun encontro moi axustado (RESULTADOS)

(7-1) O alevín femenino cae a domicilio no derbi lucense ante o Ribeira FS (RESULTADOS)

(4-4) O alevín de galega deixa en táboas o encontro ante o AD Codima (RESULTADOS)