Repaso aos resultados da nosa canteira con Os Tilos

 

(7-4) Un Lugo Salga máis efectivo álzase coa vitoria ante o Redondela FS no Municipal (RESULTADOS)

Arrincaba o encontro no Municipal de Lugo entre dous equipos que buscaban sumar unha nova vitoria na Terceira División. Unha primeira parte moi igualada, na que os erros do Lugo Sala condicionáronos ante un Redondela FS que foi capaz de aproveitalos. Aínda así, non foi ata pasar o ecuador da primeira metade cando empezaron a chegar os goles. Pablo Martínez, xogador do equipo visitante abría o marcador no minuto 12 para colocar o 0-1. Un minuto máis tarde este mesmo poñía o 0-2, para manter unha pequena vantaxe ante un equipo lucense que non conseguía ser contundente en ataque. Pouco máis tarde, tras unhas boas xogadas de estratexia, Javi e Necho, lograban colocar o empate no marcador e volver así a sentirse vivos no partido. Aínda así, tras un erro individual, o Redondela FS logra poñer o 2-3 que sería o resultado co que chegarían ao descanso.

Tras o paso por vestiarios a dinámica cambiou por completo, cun Lugo Sala moito mellor e máis efectivo para portería. Aínda que é certo que o Redondela FS tivo tamén moitas oportunidades, pero Nico defendeu a portería lucense sen darlles opción a converter en gol. Aos poucos co paso dos minutos, os pupilos de Álvaro fóronse facendo máis grandes. No primeiros cinco minutos da segunda metade, Necho reaparecía para colocar de novo o empate (3-3). Un descoido de Javi anotaba en propia porta e colocaba así o marcador por 3-4. A partir de aquí o Lugo Sala foi aumentando as distancias, primeiro volvía Necho para asinar así a súa hat-trick, e logo uníronse Dani (5-4), Mitxel (6-4) e sentenciaba o encontro Pedro deixando un resultado final de 7-4. Así, o Lugo Sala B suma unha nova vitoria na súa marcadora, que os coloca en metade de táboa.

 

(3-3) O xuvenil nacional suma un punto tras o empate en Ferrol ante o Parrulo (RESULTADOS)

(1-3) O triunfo do cadete feminino ante o Vilalba FS dalle o pase a fase final do Campeonato Galego de Clubes (RESULTADOS)

(4-5) Un encontro axustado dalle a victoria o cadete de galega ante o Alto do Vento (RESULTADOS)

(2-6) O infantil de galega imponse ao Alto do Vento para sumar unha nova vitoria (RESULTADOS)

(0-2) Triunfo do alevín de galego ante o seu rival directo o Alto do Vento que os coloca na primeira posición (RESULTADOS)