Repaso aos resultados da nosa escola con Occident

(2-2) O filial consegue sumar un punto no derbi lucense ante o Ribeira FS (RESULTADOS)

(5-2) O xuvenil nacional segue sen conseguir a vitoria e cae ante o Valladolid Sport Sala “A” (RESULTADOS)

(6-3) Un cadete de galega irregular queda sen opcións de levar a vitoria ante o FS Pontedeume (RESULTADOS)

O Lugo Sala viaxaba ata Pontedeume para disputar un encontro #ante un rival directo da categoría cadete de galega. Unha primeira parte na que os lucenses non estiveron acertados en defensa, que lles concedeu moitas ocasións ao FS Pontedeume. Estes souberon aproveitalas para convertelas en 4 goles, que lles complicou as cousas aos pupilos de Miki. Aínda así, o Lugo Sala foi capaz de anotar 2 goles antes de chegar ao descanso, nalgún momento que tivo bo de xogo, que lle proporcionou ocasións para meterse no encontro de novo. Finalmente, chegaban ao descanso cun resultado de 4-2.

Tras o paso por vestiarios a dinámica cambiou un pouco. O Lugo Sala optou por unha defensa alta que lle axudou a roubar balóns, o que fixo que nos primeiros minutos lograsen anotar o terceiro gol, para colocar o 4-3 no marcador e meter ao equipo aínda máis no partido. Co paso dos minutos FS Pontedeume fíxose máis forte en defensa, para tentar roubar balóns e aproveitar as transicións para seguir mantendo a distancia no electrónico. Uns últimos 10 minutos moi igualados, nos que o Lugo Sala tivo varias ocasiones pero non foron capaces de converter en gol. O conxunto local aproveitou finalmente os erros do equipo lucense xogando de 5, para anotar os dous últimos goles que pecharían o encontro cun 6-3. Os pupilos de Miki suman unha derrota, tras un encontro no que non foron regulares e que permitiron moito ao conxunto local.

(1-3) O cadete feminino suma a súa primeira vitoria na copa ante o Ribeira FS (RESULTADOS)

(6-0) Dura derrota do infantil de galega a domicilio ante o Esteo FS (RESULTADOS)

(2-6) O alevín de galega suma unha nova vitoria a domicilio ante o Esteo FS (RESULTADOS)