Repaso aos resultados da nosa escola con Frain Recambios

 

Nova xornada que finaliza no fútbol sala galego, e esta semana só falaremos de tres dos nosos equipos da escola, xa que o cadete feminino, xuvenil nacional e o filial descansaron esta xornada.

 

(10-2) O cadete de galega vence cunha gran exhibición en casa fronte ao Noia FS (RESULTADOS)

(3-2) O infantil de galega sae vitorioso desde encontro ante o Noia FS cun resultado máis axustado (RESULTADOS)

O infantil de galega recibía na casa ao Noia FS. Un encontro que comezaba cun equipo local totalmente descontrando, o que aproveitou o conxunto visitante para poñer o marcador a favor nos primeiros minutos, cun gol propio e outro en propia porta, colocando así o 0-2. Co paso do tempo, os pupilos de Álvaro Julio, lograban meterse no encontro poñendo o 1-2, que sería finalmente co resultado que chegarían ao descanso.

Tras o paso por vestuarios, o Lugo Sala deu un paso cara diante, tendo así máis oportunidades para colocar o empate no marcador. Aínda así, isto non foi posible ata xa mediada a segunda metade, cando tras unha falta a favor lograban poñer o 2-2 no electrónico. A partir do empate, o conxunto local foi máis superior que o Noia FS, xerando máis ocasións de gol pero que polo momento non lograban convertir en gol, incluso fallando ata un penalti. A falta de catro minutos para o final, o conxunto lucense aproveitaba un dobre penalti para colocar o 3-2, que acompañado dunha boa defenda nos minutos finales, deixaban este resultado final que lle daba os tres puntos o Lugo Sala, e os manteñe na quinta posición da clasificación.

(3-1) O alevín de galega continúa consolidándose na segunda praza tras vencer ao CMI Unidade Fene (RESULTADOS)