Lugo Sala suma a súa primeira victoria no Municipal frente o 5 Coruña (6-2)

Lugo Sala logrou sumar en positivo nun encontro de alta intensidade por parte de ambos conxuntos, no primeiro encontro da tempada no Municipal de Lugo, correspondente á 2ª xornada da competición.

O encontro comezou cun conxunto lucense que quería levar a batuta dende o inicio. Non tardou moito en chegar o primeiro gol do Lugo Sala, por parte do capitán Miguel, que tirou de veterania e abriu así o electrónico no minuto 6 (1-0). Catro minutos máis tarde, Mitxel poñía o 2-0 para seguir alexándose no marcador nun encontro no que estábase a atopar cómodo, ante un 5 Coruña que non lograba frear os ataques lucenses. Aínda así, no minuto 12 o conxunto visitante tivo a ocasión máis clara da primeira parte, pero que logrou despexar Josep na línea de gol.

A tensión comezábase a notar dentro da pista e Isi via a primera amarilla por protestar, pero o Lugo Sala seguía facéndolles moito dano en ataque, e no minuto 17 chegaba o terceiro gol por parte de Willy May, para deixar un resultado o descanso de 3-0. O conxunto que dirixe Fermín finalizaba así a primeira parte con gran actividade defensiva, para frear os ataques dinámicos do 5 Coruña.

Tras o paso por vestuarios a dinámica seguía sendo a misma. Un Lugo Sala o que lle saían algo mellor as cousas. Aínda así, a defensa por parte de 5 Coruña subiu o nivel, e non chegou o cuarto do conxunto lucense ata o minuto 10. Brunito foi o encargado de poñer o 4-0 no electrónico.

Cando a balanza xa parecía que se decantaba hacia o lado lucense, chegaron dous goles prácticamente seguidos do 5 Coruña que puxeron o 4-2 no marcador, e os nervios no Municipal. Pero o Lugo Sala non tardou en responder para sentenciar o encontro. Miguel (17′) y Brunito (18′) foron os encargados de facelos para deixar un resultado final de 6 a 2.

Unha victoria importante do Lugo Sala para seguir crecendo nesta nova tempada, e sumar así outros tres puntos.

FICHA TÉCNICA

Lugo Sala 6: Adri García, Pablo Vázquez, Yago Tenreiro, Ivan Castro, Isi Rodriguez – tamén xogaron – Adrián F. , Javi, Josep, Willy May, Brunito, Miguel, Mitxel, Daniel, Sanfiz.

5 Coruña 2: Jorge Salleres, Alejandro López, Yerai, Bujan, Pablo Martínez – tamén xogaron – César Franco, Daniel Mejuto, Álvaro Gandoy, Víctor Rodríguez, Diego Tojo, Iago Calvo, Xavier, Kevin , Javier Puertas.

Árbitros: Iria de Luis, Javier Menéndez y Andrea de Luis

Goles: 1-0 Miguel (min. 6), 2-0 Mitxel (min. 11), 3-0 Willy May (min. 18), 4-0 Brunito (min. 31), 4-1 Yerai (min. 32), 4-2 Víctor (min. 35), 5-2 Miguel (min. 37), 6-2 Brunito (min. 39)

Incidencias: Xornada 2 da Segunda División B Masulina de Fútbol Sala, Municipal (Lugo)