Jose López tamén se suma a Lugo Sala en segunda división

Nova incorporación a que suma ás súas filas o primeiro equipo. Jose López Rivas (13/05/1996 – Lugo) súmase á nómina de xogadores cos que contará Guillermo Martínez na estrea na segunda división do fútbol sala español que arrincará o 21-22 do próximo mes de setembro.

Jose López, ala destro, é un xogador coñecido pola área deportiva do club e aos seus 28 anos xa conta cun amplo percorrido no fútbol sala lucense. Formado nas categorías inferiores do extinguido Azkar Lugo, chegou a debutar co mesmo en primeira división e logo formou parte do O Esteo FS e do 2017 ao 2021 do Vilalba FS. Tras os tres últimos anos na SD Outeiro de Rei agora chega ás filas de Lugo Sala para cumprir o soño de poder xogar na 2ª RFEF.

 

Así está o persoal do novo Lugo Sala:

  • Renovacións: Yago Tenreiro, Yerai, Luis Longo, Álvaro, Saúl, Brunito, Iago Rodríguez, Diego Núñez, Guillermo Martínez, Porto, Miguel e Álex Diz.
  • Baixas: Héctor Lana e Antonio Diz.
  • Altas: Iván Gemes (Real Betis B) e Jose López (SD Outeiro de Rei).