O Lugo Sala vaise de Málaga cun sabor agridoce (6-3)

Os de Guillermo Martínez visitaban o Pavillón José Luis Pérez Canca (Carranque) na xornada dúas da Segunda División de Fútbol sala contra o Málaga Ciudad Redonda FS, co reto de reflectir a competitividade que non se impuxo na primeira xornada contra o UD Ibiza Gasifred en Lugo, os lucenses estiveron dentro do partido a maior parte do tempo, con boas accións en defensa e transicións, pero os dous goles encaixados nos primeiros minutos da primeira e segunda metade mostraron que a competividade da que se falaba ten que estar presente os 40 minutos e o equipo está en proceso de mellora e adaptación na categoría de prata.

“Orgulloso do equipo, podemos coller cousas moi boas e malas para seguir mellorando , todo é un proceso de adaptación para nós e competiremos mellor a semana que vén”, afirmaba Guillermo Martínez tras finalizar o encontro.

A primeira parte empezaba cun gol encaixado aos 40 segundos de Óscar Muñoz nada máis comezar o partido (1-0), pouco despois no minuto 5 chegaría o empate de Miguel Muñoz a pase de Iago Rodríguez, e no minuto 12 a portería baleira tras un roubo, Iván Gemes asinaba o 1-2 para que Lugo Salga fósese ao descanso con vantaxe aguantando con coraxe o empuxe do rival.

A segunda parte iniciaba como a primeira, cun gol encaixado polos lucenses que converteu Álvaro Quevedo (2-2), 5 minutos despois Burrito poñía a pelota no interior da portería de Yerai cun golazo facendo o 3-2. Case uns segundos despois, Iago Rodríguez poñía o empate cun zurdazo de tiro exterior a balón parado, pero Álvaro Quevedo facía o 4-3 nunha acción desafortunada dos lucenses. O Lugo Sala sacou o xogo de 5 para pelexar o resultado, na primeira xogada a nova fichaxe Willy May, contaba cunha oportunidade clara que se ía cruzada, pero o rival nas dúas seguintes ocasións sen porteiro faría o 5-3 por parte de Nicolás Rosental e o 6-3 por parte de Álvaro Quevedo para finalizar así o encontro.

 

Resultados da xornada de Segunda División

 

FICHA TÉCNICA: 

Málaga Ciudad Redonda FS 1: Burrito, Barranco, Alvarito, Davidillo, Yunii, Santi Souviron, Nico Rosental, Mellado, Óscar, Campano, Pablo, Kiko e Rubén.

ADC Lugo Sala 2: Yerai, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Porto e Iván Gemes – cinco inicial- Saúl, Longo, Brunito, Miguel ©, Álvaro, Yago Tenreiro, Mitxel e Willy May. 

Goles: 1-0 Óscar Muñoz min. 1, 1-1 Miguel Muñoz min. 5, 1-2 Iván Gemes min. 12, 2-2 Álvaro Quevedo min. 21, 3-2 Burrito min. 26, 3-3 Iago Rodríguez min. 27, 4-3 Álvaro Quevedo min. 31, 5-3 Nicolás Rosental min.39, 6-3 Álvaro Quevedo min.39. 

Árbitros: Ignacio del Olmo e Diego Sarasúa. 

Incidencias: segunda xornada da Segunda División de fútbol sala masculina – Pavillón José Luis Pérez Canca (Carranque) de Málaga.