Raúl Sánchez, fichaxe para reforzar a portería de Lugo Sala
Na tarde de onte luns o club pechou a contratación do meta madrileño Raúl Sánchez García (17/04/2001 – Torrejón de Ardoz) como reforzo no mercado invernal para esta segunda volta ligueira na 2ª división na que o equipo buscará o obxectivo de continuar na categoría.
O porteiro, que procede do Real Betis, chegará no día de hoxe a Lugo para incorporarse á disciplina do club e poñerse xa ás ordes de Guillermo Martínez.
Raúl formouse nas categorías inferiores da Unión Deportiva Las Rozas Boadilla, para logo volver na tempada 20/21 ao Torrejón Sala, equipo da súa cidade natal. Logo deu o salto ao Betis onde militou desde a tempada 21/22, compaxinando primeiramente o seu equipo filial ata dar o salto ao primeiro equipo co que debutou en primeira división.
Raúl, que destaca pola súa envergadura, e a pesar da súa mocidade, 23 anos, foi unha aposta do Real Betis pola súa proxección e foi uns dos grandes protagonistas e artífices da Copa do Rey conquistada polo conxunto sevillano a tempada pasada, así como peza importante na semifinal da Supercopa deste 2025.
Curiosamente o novo meta dos lucenses enfrontarase este venres desde as 21:30 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo ao seu ex-equipo, posto que o Real Betis, actual líder da liga, será o rival de Lugo Sala na 18ª xornada ligueira.
FOTOS: Real Betis Futsal