O Lugo Sala firma unha vitoria crave ante Alzira e segue loitando (3-0)
FOTO: VICTORIA RODRÍGUEZ (El Progreso)
O Lugo Sala continúa con opcións de manterse en Segunda División tras impoñerse ao Family Cash Alzira, un dos equipos máis sólidos da categoría, que chegaba á xornada na segunda posición. O conxunto dirixido por Guillermo Martínez protagonizou unha actuación sobresaliente no Municipal, logrando un triunfo por 3-0 grazas aos goles de Iago Rodríguez, Brunito e Álex Diz, e á destacada actuación do gardameta Raúl Sánchez.
O encontro comezou cun alto nivel de intensidade e equilibrio táctico. O Lugo Sala soubo conter o potencial ofensivo do Alzira, que tratou de impoñer o seu xogo a través de Naranjo, Ivi e Ibarra. Con todo, a solidez defensiva e as intervencións de Raúl Sánchez evitaron que o conxunto visitante tomase vantaxe no marcador.
O esforzo do equipo lucense tivo a súa recompensa no tramo final da primeira parte. A falta de 29 segundos para o descanso, Iago Rodríguez aproveitou unha boa oportunidade para adiantar aos lucenses e colocar o 1-0 no marcador.
Trala continuación, os nosos mantiveron a súa concentración e souberon conter os intentos do equipo visitante por igualar o partido. No minuto 24, Brunito ampliou a vantaxe co 2-0, desatando a euforia no Municipal. A pesar dos intentos do conxunto visitante, que estrelou un balón na madeira e atopouse cun inspirado Raúl Sánchez, o Lugo Sala selou a súa vitoria co tanto de Álex Diz no minuto 39.
Con este triunfo, o equipo mantén vivas as súas opcións de permanencia e afronta con optimismo as próximas xornadas e xa pensa no próximo rival da xornada 21, o Inagroup El Ejido.
Resultados da xornada de Segunda División
Ficha técnica:
Lugo Sala 3: Raúl Sánchez, Iago Rodríguez, Miguel, Diego Núñez e Alex Diz – cinco inicial – Álvaro, Yerai, Iván Gemes, Saúl, Brunito, Yago Tenreiro, Adri BLat e Pablito.
Family Cash Alzira 0: Manu Garcia, Joan Miguel, Pablo Ibarra, Manu Fernández e Gustavao – cinco inicial – Fede, Humberto, Rubi, Hugo Alonso, Jaime Peiro, Naranjo, Darrieer, Dos Santos e Lechero.
Árbitros: Javier Sandua, Eduardo Otamendi, Daniel López e María López.
Goles: 1-0 Iago Rodríguez min.19, 2-0 Brunito min. 24 e Alex Diz min.39.
Incidencias: Partido correspondiente á xornada 20 da Segunda División de Fútbol Sala no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
FOTOS: RAUL AMAT