Táboas nun duelo directo ante CD Sporting FS La Nucía (2-2)

Lugo Sala sumou este sábado un punto na súa visita ao Pavillón Camilo Cano, nun duelo directo pola permanencia ante CD Sporting FS A Nucía. O empate (2-2) non foi suficiente para recortar distancias cos postos de salvación e deixou pouco satisfeitos aos dous conxuntos, pero o equipo de Guillermo Martínez seguirá pelexando nunha recta final de liga que promete ser moi esixente. 

Os lucenses saíron con personalidade a unha pista complicada e non tardaron en demostrar as súas intencións. Aos 4 minutos de xogo, Adri Blat aproveitou un desaxuste defensivo local para abrir o marcador. Cunha presión alta e orde en defensa, Lugo Sala dominou durante varios tramos da primeira metade, encerrando ao rival na súa pista e obrigando ao porteiro local Kilihan a intervir en máis dunha ocasión.

Raúl Sánchez, firme baixo paus, encargouse de neutralizar as poucas chegadas claras do conxunto local, especialmente dúas perigosas ocasións de Peloncha nos primeiros 10 minutos. O equipo soubo manter a vantaxe ata o descanso, aínda que a sensación era de que o partido estaba moi aberto.

Tras a continuación, os locais saíron máis enchufados e lograron empatar cun bo tanto de Abel, tras asistencia de Manu García. Os de Guillermo Martínez quedaron cun menos tras a expulsión de Yago Tenreiro. No minuto 33, Óscar asinou o 1-2 tras unha gran xogada colectiva, pero na seguinte acción, Porto devolveu a igualdade ao marcador co 2-2. A partir de aí, o partido volveuse aínda máis tenso. 

A expulsión de Muri deixou aos lucenses con superioridade durante dous minutos, pero non se logrou aproveitar para marcar. A tres do final, os locais dispuxeron dun dobre penalti tras a sexta falta visitante, pero Raúl volveu vestirse de heroe para deter o disparo de Alberto.

Nos últimos compases, Lugo Sala foi o equipo que máis preto estivo de levar a vitoria, pero Kilihan sostivo aos locais con boas intervencións. O gol de Manu García sobre a bucina foi anulado por chegar fóra de tempo deixando finalmente o empate no marcador. 

 

Resultados da Xornada de Segunda División

 

 

Ficha do partido:

CD Sporting FS La Nucía 2: Kilihan, Murillo, Alberto, Adrian Medrano e Abel – cinco inicial – Ivan, Josep Garcia, Henrique, Manu Garcia, Vinicius Nunes, Oscar Ruiz, Jose Luis Ruiz e Alejo Cantera. 

Lugo Sala 2: Raúl Sánchez, Diego Núñez, Alex Diz, Adri Blat e Dani Pineda – cinco inicial – Álvaro, Iván Gemes, Saúl, Longo, Brunito, Miguel, Yago Tenreiro e Porto. 

Goles: Adri Blat 0-1 min.4, Abel 1-1 min.22, 1-2 Porto min.33 e Oscar Ruiz 2-2 min.33. 

Árbitros: Adrián Moniño Pedreño, Javier Pulido Campos, Alberto Minaño Martínez e Israel Natalí Castellanos Gutierrez. 

Incidencias: Xornada 27 da Segunda Dvisión Masculina de Fútbol sala, desputada no Pavillón Camilo Cano.