O Filial Automóviles M. Losada supera ao Jogafán Ordes e xogará a final do ascenso a Terceira División (7-3)
O filial Automóbiles M. Losada logrou unha contundente vitoria por 7-3 fronte ao Jogafán Ordes e clasificouse para a final polo ascenso a Terceira División. Nun partido repleto de ritmo e pegada, os locais demostraron ser mellores e fixéronse co seu pase para o último e definitivo encontro da tempada.
A primeira metade foi eléctrica. Alex abriu o marcador no minuto 5 e, tras unha fase de dominio, Jairo ampliou a vantaxe no 15’. O Jogafán reaccionou rápido cun tanto de Álvaro Iglesias (18’), pero o propio Jairo asinou o seu dobrete un minuto despois (3-1), pechando así o primeiro tempo.
Xa na segunda parte, o conxunto visitante volveu apertar co 3-2, obra de Noé García no 21’, pero a partir de aí o equipo de Álvaro Julio soubo manexar o ritmo do partido. Alex volveu aparecer para facer o 4-2 no minuto 32. Aínda que Alvaro Iglesias volveu recortar (4-3), o tramo final foi un monólogo local.
Tai marcou o 5-3 no minuto 38 e, nos instantes finais, Mitxel pechou o partido con dous goles case consecutivos, incluíndo un tanto desde o punto de penalti, para selar o definitivo 7-3.
Con esta vitoria, o filial Automóbiles M. Losada enfrontarase na final a Os Meigallos de Sarria o sábado 24 de maio ás 18:15 H no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Resultados do playoff de ascenso a Terceira División
FICHA DO PARTIDO:
ADC Lugo Sala Automóviles M. Losada 7: Nico, Pablito, Javi, Yago Tenreiro e Mitxel – cinco inicial – Mujín, Yago Núñez, Álex, Dani, Tai, Jairo e Necho.
Jogafán Ordes FS 3: David, Oscar, Alvaro, Ivan e Alberto – cinco inicial – Pablo, Daniel, Noe, Ismael, Alvaro, Mateo e Adrian.
Goles: 1-0 Alex min.5, 2-0 Jairo min.15, 2-1 Álvaro min.18, 3-1 Jairo min.19, 3-2 Noe min.21, 4-2 Alex min.32, 4-3 Álvaro min.34, 5-3 Tai min. 38, 6-3 Mitxel min.39 e 7-3 Mitxel (penalti) min.39.
Árbitros: Guillermo Martinez Andaluz, Uxia Castro Fernandez e Marcos Varela Castro.
Incidencias: Semifinais do playoff de ascenso a Terceira División – partido celebrado no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.