Repaso aos resultados da nosa canteira con Códigocar

(6-1) Dura derrota do filial no derbi lucense frente ao Ribeira FS (RESULTADOS)

(3-5) Pouco acerto ofensivo e malas defensas condenan novamente o xuvenil nacional frente ao Valladolid FS (RESULTADOS)

O encontro comezaba cun Lugo Sala correcto, pero que nos primeiros minutos encaixaba o primeiro gol por parte do Valladolid FS, tras un balón en largo que non souperon competir, e que poñía así o 0-1 no marcador. Xa no ecuador da primeira parte, o conxunto lucense lograba poñer o 1-1 tras un saque rápido a balón parado. Poucos minutos antes de chegar ao descanso, os nosos xuvelines conseguían poñerse por diante grazas a unha boa xogada posicional. Unha primeira parte na que o Lugo Sala foi máis superior, con moitas oportunidades para meter gol, pero que non souperon materializar e deixaban así un resultado de 2-1 ao descanso.

Tras o paso por vestuarios chegaba o 3-1 o marcador con un bo gol, en outra xogada posicional. Un partido que estaba xa para romperse, pero que tras dous regalos o Valladolid FS conseguía poñer de novo o marcador en táboas por 3-3. Poucos minutos máis tarde, tras unha boa xogada individual dun dos xogadores visitantes, poñía o resultado a favor do conxunto pucelano. O Lugo Sala tivo varias oportunidades para poder poñerse por diante novamente, pero non conseguían novamente convertir en gol, e a falta de 15 segundos o Valladolid FS colocaba o 3-5 final.

(6-2) Victoria amplia das cadetes no derbi lucense frente ao Ribeira FS (RESULTADOS)

(4-5) O cadete de galega logra un axustada victoria a domicilio frente o Galicia Gaiteira(RESULTADOS)

(0-3) O alevín femenino non foi capaz de sumar os tres puntos no derbi lucense frente ao Ribeira FS (RESULTADOS)