Repaso aos resultaos da nosa canteira con Acasti Reformas

(3-2) Un viaxe sen vitoria para o filial frente ao ADFS Bueu pola mínima (RESULTADOS)

(4-5) Nova derrota do xuvenil nacional con moitos goles ante a Bañeza no Municipal (RESULTADOS)

(0-4) Terceira derrota do cadete femenino no que vai de tempada frente ao Parrulo FS (RESULTADOS)

(2-2) Marcador en táboas para o cadete de galega no derbi lucense frente ao Ribeira FS (RESULTADOS)

(2-7) O infantil de galega suma unha ampla derrota no derbi lucense frente ao Ribeira FS (RESULTADOS)

Un encontro que comezaba con dous equipos moi igualados, e no que nos primeiros minutos o Lugo Sala foi capaz de poñerse por diante no marcador. Aínda así, o Ribeira FS non tardou en darlle a volta ao electrónico para poñerse 1-2 e comezar así a complicarlles as cousas aos locais. Os pupilos de Álvaro Julio seguen peleando cada minuto da primeira parte, e tras unha xogada de transición son capaces de poñer o empate (2-2). O resultado final para chegar ao descanso é de 2-3, cun gol en propia, nun balón que queda dividido dentro da área e que o Lugo Sala non é capaz de despexar. Un gol que lles fai moito dano para afrontar a segunda metade.

Tras o paso por vestuarios a cousa comeza a cambiar, comeza a verse a superioridade do Ribeira FS, e nos primeiros minutos conseguen colocar o 2-4. O Lugo Sala consegue manter ese marcador durante bastante tempo, tendo incluso algunha ocasión para poñer o 3-4 aínda que non moi claras. Co paso dos minutos o cansancio comeza a notarse no conxunto local, e os visitantes aproveitano para seguir aumentando a distancia no marcador, e deixar así un resultado final de 2-7.

(0-13) Gran derrota do alevín femenino na casa frente ao Parrulo FS (RESULTADOS)

(4-0) Victoria do alevín de galega nun gran derbi luncense frente ao Ribeira FS (RESULTADOS)