Repaso aos resultados da nosa canteira con Clínica Dental Arias López

(5-4) O filial consegue unha nova vitoria pelexada ata o final ante o Friol FS (RESULTADOS)
Arrincaba o encontro no Municipal de Lugo con dous equipos que buscaban sumar unha nova vitoria nas súas marcadoras. Os primeiros compases, moi acelerados, poñían o 0-1 a favor do Friol tras un saque de esquina e un mal despexe de Dani, que deixaba o balón solto dentro da área e que Agustín aproveitaba para adiantar aos seus.
Co paso dos minutos, o Lugo Sala foi atopándose mellor sobre a pista e, tras un pase interior de Iago Rodríguez a Sanfiz, lograba poñer de novo a igualdade no marcador (1-1). O conxunto local seguiu crecendo e, tras un saque de banda, Mitxel tirou de calidade para, cun taconazo, adiantar por primeira vez ao seu equipo. Con todo, a alegría durou pouco, xa que ao chegar ao ecuador da primeira parte o Friol FS volvía aproveitar un balón solto dentro da área para poñer de novo as táboas (2-2), resultado co que se chegaría ao descanso e que reflectía a igualdade entre ambos os conxuntos.
Tras o paso por vestiarios, o Lugo Sala saíu con garra e decidido a impoñer o seu ritmo. Apenas necesitaron uns segundos para volver golpear, cando un disparo exterior de Caloto coábase na portería visitante e devolvía a vantaxe aos locais (3-2). O Friol dispuxo de varias ocasións para empatar, pero a falta de acerto privoulles do gol, algo que souberon aproveitar os pupilos de Álvaro para seguir ampliando diferenzas. Así, no minuto 27, Manuel colocaba o 4-2 no marcador.
A pesar diso, o conxunto visitante non baixou os brazos e, a falta de sete minutos para o final, un bo golpeo permitíalles recortar distancias (4-3). A reacción local non se fixo esperar e, dous minutos máis tarde, Álex Rion anotaba o quinto tanto para o Lugo Sala (5-3). Xa nos instantes finais, e tras apostar polo xogo de cinco, o Friol FS lograba o 5-4 a menos de trinta segundos para o final, un gol que non alteraría o desenlace do encontro, que concluíu con vitoria e tres puntos para o Lugo Sala.
(10-1) Outro viaxe sen sorte do xuvenil nacional frente ao C.D. Inter Sala Adarsa Mecedes (RESULTADOS)
(1-2) Derrota no Municipal do cadete de galega ante o Troula FS nun encontro igualado (RESULTADOS)
(3-4) O infantil de galega cae na casa ante o Troula FS (RESULTADOS)
(5-2) O alevín de galega suma unha nova vitoria na casa frente ao Troula FS (RESULTADOS)




