Repaso aos resultados da nosa escola con Clínica Dental García Rielo

 

(2-5)  O filial lévase a vitoria a domicilio fronte a Cidade de Narón (RESULTADOS)

(6-2) O xuvenil de nacional faise cunha vitoria contundente en casa fronte ao 5 Coruña FS (RESULTADOS)

(4-3) Vitoria axustada do cadete feminino en copa fronte a O Parrulo FS (RESULTADOS)

(2-3) O cadete de galega álzase coa vitoria no derbi lucense frente o Ribeira FS (RESULTADOS)

(5-2) Derrota do infantil de galega fronte o Ribeira FS no derbi lucense (RESULTADOS)

 

(2-5) O alevín de galega pecha a liga regular cunha vitoria ante o Ribeira FS (RESULTADOS)

Arrincaba o derbi lucense entre o Ribeira FS e o Lugo Sala, cun conxunto visitante despistado, que lle daba a oportunidade ao conxunto local de abrir o marcador tras un balón roubado, despois de que os pupilos de Miguel Muñoz intentasen cruzar un pase de lado a lado, para poñer así o 1-0 no marcador. Tras este erro, o Lugo Sala conseguiu dar un paso adiante, o que provocou que lograsen meter dous bos goles para darlle a volta ao electrónico. A partir de aquí, ambos os conxuntos tiveron oportunidades de seguir sumando goles, pero ambos os porteiros estiveron moi ben para que iso non fose posible. Unha xogada na que o Lugo Sala non deu o balón por perdido, lograban colocar o terceiro gol na súa marcadora tras un bo pase atrás, que Jano logra empuxar e introducir así na portería para deixar un resultado ao descanso de 1-3.

Tras o paso por vestiarios a dinámica foi similar á primeira metade. O Riberia FS seguía cunha gran intensidade, e tras o saque de inicio gáñanlle as costas ao Lugo Sala e conseguen facer o segundo gol. A partir de aquí os pupilos de Miguel Muñoz reaccionan e manteñen o balón con tranquilidade, para levar así as rendas do encontro. Grandes ocasións para o conxunto visitante, con boas transicións, pero que non lograban converter en gol. Aínda así, co paso dos minutos lograban poñer o 2-4, o que lles facía estar máis tranquilos con esta pequena vantaxe. Co paso da segunda metade, ambos os conxuntos realizaron moitas faltas, o que se puxeron con 5 cada un. Finalmente, con varias accións nas que insistiu o Lugo Sala para poñer o quinto gol, chegaba tras un rexeite que lograban introducir na portería rival, para deixar o resultado final de 2-5.

Unha gran final de liga regular do alevín, que demostra o gran traballo de toda a tempada, e que lle dá o pase á Copa Galicia que disputarán a partir da próxima xornada.