A partir do luns 4 de maio Lugo Sala volve abrir as súas portas para coñecer a súa escola

Chega a recta final da tempada 25-26 e con ela o noso club organiza de novo as xornadas de portas abertas. Así todos eses nenos/as que non pertencen aínda á nosa escola de fútbol sala, e teñan intención de pasar a formar parte da nosa familia, poderán achegarse a probar previamente de forma gratuíta.

Estas novas xornadas darán comezo o luns 4 de maio ata o 12 de xuño. Trátase dunha boa ocasión para que os nenos/as que estean interesados poidan coñecer de primeira man a metodoloxía de traballo da escola do Lugo Sala, aos seus futuros compañeiros e adestradores do club. En definitiva, é unha boa oportunidade para pasar a formar parte dun club que leva traballando polo deporte e o fútbol sala de Lugo desde hai 12 anos.

Estas xornadas de proba están destinadas para todas as categorías coas que conta o club (biberón, prebenjamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil), por tanto, para todos aqueles nenos que nacesen entre o 2008 e 2023. Ademais, o club conta con equipos masculinos, femininos e mixtos.

 

Inscricións

Para participar nestas xornadas de portas abertas, os interesados poden realizar as súas inscricións desde este mesmo momento e na seguinte ligazón: https://l1nq.com/qv3t5nu

 

Más información

Para calquer información a maiores:

  • Teléfono: 616037489
  • Correo electrónico: escuela@lugosala.com / info@lugosala.com