Repaso aos resultados da nosa escola con Café Candelas

(7-3) O filial suma unha dura derrota a domicilio ante o Pazos Borbén FS a falta de dúas xornadas para finalizar a liga regular (RESULTADOS)
(7-3) O xuvenil de nacional vence cun amplo resultado no Municipal de Lugo ao Leis Pontevedra FS (RESULTADOS)
(4-3) Victoria axustada do cadete feminino no derbi lucense da Copa Galicia ante o Ribeira FS (RESULTADOS)
(4-6) O cadete de galega vence ao Noia FS na Copa Galicia e colócaos primeiros (RESULTADOS)
O partido arrincou cuns primeiros 10 minutos de tenteo, nos que ambos os equipos mediron ao rival sen asumir moitos riscos. Noia soubo aproveitar unha transición rápida para adiantarse no marcador. A reacción do Lugo Sala tardou un pouco en chegar. Non foi ata os minutos finais da primeira metade, cando os pupilos de Miki lograron darlle a volta ao marcador. En menos de cinco minutos colocaron o 1-5, o que lle complicaría as cousas ao conxunto local. Aínda así, o Noia non baixou os brazos e logrou asinar o 2-5 antes do descanso.
Tras o paso por vestiarios, Lugo Sala volveu anotar con rapidez e poñía así o 2-6. Os lucenses deixaban claro ata o momento quen era o que levaba o ritmo do encontro. Con todo, isto fíxolles relaxarse e o Noia non tardou en aproveitar a oportunidade para xerar ocasións e reducir así a distancia no marcador. Unha segunda metade na que estivo mellor o conxunto local, pero que o Lugo Sala soubo manter as distancias no marcador para alzarse así coa vitoria. Estes tres puntos que suman os pupilos de Miki, colócaos primeiros de grupo.
(2-9) O infantil de galega logra unha ampla vitoria na Copa Galicia ante o Troula Betanzos FS (RESULTADOS)
(5-2) O alevín de galega segue coa súa boa dinámica e álzase cunha nova vitoria en Copa ante o Casás (RESULTADOS)




