Repaso aos resultados da nosa escola con Zertin

 

Nesta recta final da tempada, todo chega ao seu fin. Tres dos nosos equipos da escola (alevín, infantil e cadete) din adeus á Copa tras caer derrotados no último encontro.

(3-2) O alevín de galega caía a domicilio ante A Peña (RESULTADOS)

(3-10) Dura derrota do infantil de galega que dicía adeus á Copa ante o 5 Coruña (RESULTADOS)

(4-3) O cadete de galega tamén saía derrotado do seu encontro a domicilio ante o Pecheches (RESULTADOS)

(4-3) O cadete femenino sigue o seu camiño na Copa tras a remontada ante Castro FSF (RESULTADOS)

Arrincaba o encontro cun Lugo Sala que non saíu do mellor xeito posible. Castro arremetía e as pupilas de Lucía non eran capaces de igualar. Co paso dos minutos, ía custando máis aguantar o xogo das visitantes. O primeiro gol chegaba de mala sorte, un balón que entra chorando. Aos poucos foron capaces de organizar o ataque, pero a presión que lles estaba facendo Castro estaba a facer dano, e non lles deixaban saír con fluidez. Facía o final da primeira metade, o Lugo Sala é capaz de meter o seu primeiro tanto, que as fai meterse de novo no encontro. Pero esta alegría duroulles moi pouco, xa que no minuto seguinte meten de novo dous goles, que lles fai chegar ao descanso cunha vantaxe no marcador de 1-3.

Tras o paso por vestiarios a dinámica cambiou totalmente. O Lugo Sala saíu máis tranquilo, e así empezaría o camiño facía a remontada. As locais conseguían chegar con máis facilidade a portería rival, e con mellores ocasións. Así no minuto 34 chegaba o segundo gol do Lugo Sala, tras un disparo de Marina. Isto pon en tensión ao Castro, que vía como aos poucos se lle estaba indo o encontro. Aínda así, non se daban por vencidas, xa que ningún conxunto quería perder e quedarse ás portas da seguinte rolda de Copa. O 3-3 é decisivo no encontro. Castro saca ataque de porteiro-xogador, e tras un erro, o Lugo Sala aprovéitao e unha xogadora rival curta o ataque e é expulsada. As pupilas de Lucía non son capaces de aproveitar esa superioridade para anotar, pero xa chegando aos últimos compases do encontro, Marina, anota o cuarto gol que lle daría a clasificación ao Lugo Sala á seguinte rolda.

(3-3) O xuvenil nacional deixa un resultado en táboas no Palomar ante o Tierno Galván (RESULTADOS)