Luis Longo regresa ao Lugo Sala e pecha así o mercado de fichaxes
O xogador lucense Luis Longo volve vestir a camiseta do Lugo Sala, club co que xa viviu algúns dos momentos máis importantes da súa carreira. O seu regreso supón a volta a casa dun futbolista moi ligado á entidade e cun amplo coñecemento da competición.
Longo conta cun salientable palmarés no conxunto lucense, con dúas ligas de Segunda B e unha de Terceira, alén de formar parte do equipo que logrou o ascenso a Segunda División. Un percorrido que converte ao xogador nunha peza con experiencia e coñecemento do vestiario e da filosofía do club.
A pasada tempada, a á lucense militou nas filas do Vilalba FS, tamén en Segunda B, onde continuou competindo e sumando experiencia na categoría.
Agora regresa ao Lugo Sala para poñerse en mans de Christian Costoya, disposto a volver ser importante no equipo da súa cidade. Luis regresa co obxectivo de achegar todo o seu talento e calidade ao novo proxecto do club.
Estamos felices de terche de novo Luis!


