Aarón Chousa novo reforzo para a portería do Lugo Sala

Coa competición na 2ª división B xa comezada, e tras a baixa de Yerai e a última salida do porteiro Xavito, o Lugo Sala move a súas últimas fichas para reforzar a portería.

Aarón Chousa será o novo compañeiro de Adri García para defender a portería do Lugo Sala. O xoven de 19 anos desarrollou a súa traxectoría deportiva en categorías da base do fútbol sala catalán. Na súa carreira figura o seu paso polo Futsal Vicentí (infantil, cadete e xuvenil) e tamén polo Athletic Vilatorrada na categoría cadete. No seu palmarés destaca ser campeón de liga coa selección comarcal en varias ocasións, ademáis de ser un dos porteiros menos goleados na súa categoría.

A pesar da súa corta idade, Aarón chega a Lugo para intentar aportar todo o posible o equipo dende o primeiro momento, para axudar a conseguir os obxetivos do club. A través da súa humildade e afán de competitividade, o novo porteiro do Lugo Sala ponse xa en mans de Fermín Hidalgo para comenzar co seu aprendizaxe.

 

Lugo Sala 2025/2026:

  • Baixas: Álex Diz, Álvaro, Guillermo Martínez, Raúl, Saúl, Iván Gemes e Xavito.
  • Renovacións: Yerai, Yago Tenreiro, Mitxel, Pablito e Willy May.
  • Altas: Isi (Atlético Benavente), José Segura (Enfaf Construccions Modernes), Pansi (Albense), Rubén Santa (Club Doctoral), Adrí García (Tafa FS) e Aarón Chousa (Futsal Vicentí).