Adri García reforza a portería de Lugo Sala

Coa data de inicio da liga 2025/2026 na 2ª división B xa coñecida como será o 13-14 de setembro e a expensas de coñecer o calendario, o primeiro equipo segue armando a súa estrutura, con vistas tamén no mercado para pechar novas incorporacións, ademais do técnico que dirixirá ao novo Lugo Sala.

Neste sentido hoxe o club confirmou a súa sexta nova alta como é a do porteiro burgalés Adrián García Blanco (28/12/2000). O xogador formado no Club La Amistad da súa cidade natal e posteriormente xogar tres tempadas no Juventdu del Círculo, deu o salto posteriormente ao San Juan navarro para logo militar nas tempadas 23/24 e 24/25 no Tafa FS do grupo II da 2ª división B e do cal procede. A súa etapa no club navarro finalizou satisfactoriamente xa que con seu equipo logrou o ascenso á segunda categoría do fútbol sala español o pasado mes de xuño.

O novo porteiro dos lucenses, que se une tamén á do meta Xavito fichado fai menos dun mes, destaca polo seu carisma e personalidade sobre a pista a pesar dos seus 24 anos. Porteiro con grandes reflexos e boa capacidade no xogo de pés, trátase dun xogador competitivo, comprometido e con actitude de aprendizaxe constante.

 

Lugo Sala 2025/2026:

  • Baixas: Álex Diz, Álvaro, Guillermo Martínez, Raúl, Saúl e Iván Gemes.
  • Renovacións: Yerai, Yago Tenreiro, Mitxel, Pablito e Willy May.
  • Altas: Isi (Atlético Benavente), José Segura (Enfaf Construccions Modernes), Xavito (Enfaf Construccions Modernes), Pansi (Albense), Rubén Santa (Club Doctoral) e Adri García (Tafa FS).