Álex Diz, un ano máis nas filas do Yakart Lugo Salga

Unha das renovacións pendentes da pasada tempada xa ten resolución e ademais chegou a bo porto. Alejandro Diz Teijeiro, outra das pezas importantes no ascenso do equipo á 2ª RFEF, queda en Lugo e axudará por tanto ao equipo no salto de categoría, conseguindo así o soño que tiña de devolver ao equipo da súa cidade aos poucos á elite do fútbol sala nacional.

Álex Diz, que vén de cumprir 29 anos o pasado mes de xuño, compaxina a súa situación laboral e familiar na cidade co equipo, e seguirá achegando por tanto a súa calidade e xogo en favor do grupo. Será por tanto a terceira tempada do ala lucense no Yakart Lugo Sala.

 

Así está o persoal do novo Lugo Sala:

  • Renovacións: Yago Tenreiro, Yerai, Luis Longo, Álvaro, Saúl, Brunito, Iago Rodríguez, Diego Núñez, Guillermo Martínez, Porto, Miguel e Álex Diz.
  • Baixas: Héctor Lana e Antonio Diz.
  • Altas: .