Álex Diz volve ao Municipal para reforzar as filas do Lugo Sala

Unha nova alegría para o Lugo Sala coa confimación do retorno de  Álex Diz a que foi a súa casa durante tres tempadas – dúas na Segunda B e unha en Segunda – para poñerse ás ordes de  Fermín Hidalgo e reforzar así o equipo nesta nova etapa.

O xogador lucense, que se despedira do club ao remate da pasada tempada por motivos familiares, non chegaran entón a un acordo entre ambas partes para continuar vinculado á entidade. Agora, tras varias conversacións e coa tempada xa en marcha, ambas partes alcanzaron un entendemento que fai posible o regreso de Álex Diz ao Municipal.

Desde o club atópanse felices de ter de novo na casa a Álex Diz, convencidos de que a súa experiencia, compromiso e coñecemento do club serán de gran valor para o equipo. Ademais, o gran talento do xogador da caída de será importante para subir o nivel do equipo e para axudar no crecemento dos máis novos da plantilla a nivel deportivo.