Co slogan ´Viaxa con nós´ Lugo Sala abre a campaña de abonados para a tempada 24-25

Tres o éxito conseguido fai dez días polo Yakart Lugo Salga co seu ascenso á 2ª RFEF do fútbol sala español, hoxe o club abre a súa campaña de abonados para que todos os que o desexen poidan gozar do regreso do futsal de elite á cidade. Unha campaña pensada para todos e todas e con rebaixa de prezos para os que retiren o seu abono antes do 20 de xullo, mostrando así o seu apoio ao club.

Lugo Sala como sempre fixo desde 2014, pasito a pasito, conseguiu lograr os seus obxectivos, tamén desde o plano deportivo, e agora é o momento de que Lugo demostre que quere fútbol sala. Para iso desde a entidade establecéronse prezos alcanzables para que todo o que queira poida gozar da segunda categoría da mellor liga do mundo de fútbol sala e desde hoxe mesmo poidan mostrar o seu apoio ao equipo.

Haberá diferentes categorías e todas aquelas que requiran algún tipo de documentación para acreditar a mesma deberá ser achegada polo abonado/a.

 

Premiar a unha afección que celebra o regreso do futsal de elite

O primeiro equipo só conta con seis anos de historia, pero nos mesmos e con tres ascensos conseguidos, o equipo foi creando afección como quedou demostrado neste playoff de ascenso e especialmente o día da súa consecución ante o Xerez.

É por iso que desde a Directiva do club quérese premiar á afección con prezos alcanzables, para todas as idades e colectivos, e en definitiva que ninguén quede sen gozar do fútbol sala polo aspecto económico.

Ademais, os renovados e novas altas recibirán camisetas do equipo e bufandas de agasallo segundo a categoría (consultar no cartel).

 

Campaña itinerante

Para dar o pistoletazo de saída a esta campaña de abonados, o club sacará á rúa a mesma e así mañá mércores na Praza Horta do Seminario, o xoves ao fondo da Praza de España e o venres en Praza de Augas Férreas, todos os días de 17:30 a 20:30 horas, repartirase información da mesma.

 

Onde facerse socio?

Desde hoxe mesmo pódense renovar e dar de alta todos os socios que o desexen a través do código QR presente no cartel da campaña de abonados ou a través da seguinte ligazón: https://lc.cx/D3cIU1

Tras a renovación/nova alta do socio este terá acceso aos partidos co seu carné dixital de abonado a través da aplicación CLUBER.