Derrota cruel en El Ejido tras unha épica remontada do Lugo Sala (4-3)
O Lugo Sala caeu derrotado este sábado na súa visita ao Inagroup El Ejido (4-3) nun duelo vibrante e cargado de emocións que se resolveu nos instantes finais. Un tanto de Josete no minuto 38 decantou a balanza a favor do conxunto local cando os lucenses acariñaban un valioso punto tras unha remontada de mérito.
O partido arrincou con dominio alterno, aínda que foron os almerienses os que golpearon primeiro. Pope, ao fío do primeiro cuarto de hora, abriu o marcador para adiantar a El Ejido e, apenas dous minutos despois, Nacho Gil ampliaba distancias co 2-0. A pesar dos intentos do Lugo Sala por recortar diferenzas, o marcador xa non se moveu antes do descanso.
Na continuación, os locais volveron golpear co segundo tanto de Pope, que colocaba o 3-0 no minuto 32 e poñía moi costa arriba o encontro para os de Lugo. Con todo, o equipo non baixou os brazos e asinou unha espectacular reacción na recta final.
Un dobrete de Iago Rodríguez devolvía a esperanza ao Lugo Sala, que apertaba o marcador a falta de cinco minutos (3-2). E pouco despois, Álex Diz, cun tanto a só tres minutos para o final, establecía un merecido empate (3-3), reflexo do empuxe e carácter competitivo dos lucenses.
Cando todo apuntaba a unha repartición de puntos, apareceu Josete, a falta de apenas dous minutos, para anotar o 4-3 definitivo. Aínda tivo o Lugo Sala unha última oportunidade nas botas de Adri Blat, pero o meta local Jesús Gómez evitou o empate cunha intervención de moito mérito.
O Lugo Sala regresa sen puntos, pero coa cabeza alta tras un exercicio de orgullo e carácter que deixa claro que este equipo pelexará ata o final por saír dos postos de descenso. Os lucenses xa pensan no próximo compromiso da xornada 22 ante Sala 5 Martorell o domingo 9 de marzo ás 17:00 h no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Resultados da xornada de Segunda División
Ficha técnica
Inagroup Futsal El Ejido 4: Yepes; David, Molina, Diego e Roberto Fonseca – quinteto inicial – Fuentes, Castaño, José Manuel, Ismael Medina, Nacho Gil, Adrián Rodríguez, Rafa Delgado, e Isma Vacas.
ADC Lugo Sala 3: Raúl Sánchez; Iago Rodríguez, Miguel, Diego Núñez y Álex Diz – quinteto inicial – Álvaro, Yerai, Iván Gemes, Saúl, Brunito, Adriá Blat e Dani Pineda.
Goles: 1-0, m.14:Diego. 2-0, m.17: Nacho. 3-0,m.32: Diego. 3-1,m.35: Iago. 3-2,m.37: Álex Diz. 3-3,m.37: Iago Rodríguez. 4-3, m.38: Josete.
Árbitros: David Delgado, Guillermo Rodríguez y José Raya. Amonestaron a Diego Núñez e a Daniel Pineda, poloo Lugo Sala e a José Manuel e Roberto polo Inagroup El Ejido.