Despacho de billetes en liña para os partidos na casa do primeiro equipo

Co arranque ligueiro do primeiro equipo previsto este sábado (Palacio Municipal dos Deportes de Lugo – 20:30 horas) no choque da xornada 1 na 2ª división do fútbol sala español ante a UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS, o club habilita o despacho de billetes en liña para os afeccionados que desexen comprar as súas entradas de forma anticipada a través da seguinte ligazón da aplicación CLUBER: https://lc.cx/dzGKO2

Así mesmo, desde 45 minutos antes do inicio do partido tamén estará aberto o despacho de billetes do propio Palacio Municipal.

 

Prezos das entradas:

  • Adultos: 8 €.
  • 16-18 anos: 3 €.
  • Menos de 16 anos: gratis.

 

Lémbrase que todos os socios con carné de abonado retirado para esta tempada 24-25 terán libre acceso a todos os partidos de liga mostrando e escaneando o seu carné á entrada da instalación.

 

Se aínda non es socio/a e queres retirar o teu carné de abonado podes facelo de forma en liña agora mesmo en: https://lc.cx/c_Tr4C