Domingo 7 de setembro: VII Clinic Lugo Sala
Unha nova xornada de formación para adestradores xa está aquí. Organizada polo noso club, chega o VII Clinic Lugo Sala que unha vez máis contará cun gran elenco de adestradores e persoas vinculadas ao fútbol sala do máximo nivel mundial. Así o domingo 7 de setembro chegará esta nova edición que se desenvolverá de maneira en liña para todos os adestradores que decidan ser partícipes do mesmo para continuar coa súa formación e compartir contidos e experiencias cos sete relatores.
Este clinic, organizado polo noso club e que conta coa colaboración da Asociación Nacional de Adestradores de fútbol sala, contará coa presenza de:
- Marc Carmona: adestrador e comentarista en Teledeporte.
- Imanol Arregui: ex-adestrador do Nagoya Oceans (Xapón).
- Adrián Martiño: adestrador Rayo Majadahonda FSF.
- José Tirado: director deportivo Palma Futsal.
- Thiago Nunes Raupp: adestrador Thakam Futsal (Tailandia).
- David Diéguez: preparador físico Bintang Timur Surabaya (Indonesia).
- Pulpis: adestrador Shenzhen Nanling Tielang (China).
Esta nova edición, como xa ocorrera nas anteriores, ademais de poder participar no mesmo en directo o día da súa celebración, dará a posibilidade de visualización durante os 90 días posteriores.
Prezos
Existen tres modalidades de prezos*:
- Visionado en liña: 35 €.
- Visionado en liña para socios ANEFS: 30 € (deberá acreditarse).
- Visionado en liña + visionado do VI Clinic: 55 €.
* Todas as opcións con visionado posterior de 90 días.
Inscricións
As persoas interesadas en poder participar neste clinic poden cubrir dende hoxe a súa inscrición a través do código QR presente no cartel do evento ou ingresando na seguinte ligazón: https://lc.cx/n-ieNW