Dominio total do Lugo Sala no derbi lucense ante o Begonte FS (8-0)

O Municipal de Lugo volvía vivir unha nova noite de fútbol. Esta vez tratábase do derbi lucense entre o Lugo Salga e o Begonte FS. Dous equipos que chegaban nun dinámicas moi distintas, xa que o primeiro facíao en terceira posición loitando polos postos de playoffs, mentres que o segundo chegaba en última posición. Un partido que manexou o conxunto lucense de principio a fin, para levar o encontro cun resultado final de 8-0 e sumar así tres puntos que os colocan na segunda posición da clasificación polo momento, tras a derrota do seu rival directo o Esteo FS.

Arrincaba o encontro con dous equipos que saían a por a vitoria. Uns primeiros minutos nos que os pupilos de Fermín Hidalgo, entraron cunha presión alta para tentar que cometesen erros os seus rivais e así aprocharlo. Así foi, no minuto 3 tras unha defensa agresiva, Pansi conseguía colocar o 1-0 e abrir o marcador para o conxunto lucense. O Begonte FS non baixou os brazos, senón que loitou e comprometeu nalgúns momentos ao Lugo Sala, tendo así opcións de marcar, pero que non lograron converter en gol. Tras pasar o ecuador da primeira metade, o Lugo Sala dominaba máis o encontro, e eran os encargados de levar o ritmo do mesmo, así chegou o segundo tanto lucense, esta vez convertíao o xuvenil Javi García para alongar as distancias no electrónico.
Uns minutos máis tarde, Brunito quíxose unir á festa e colocaba o 3-0 no marcador. O Lugo Sala estaba moi cómodo e concentrado dentro da pista, e iso estábano reflectindo o seu xogo. Con este resultado pecharíase a primeira metade do encontro, aínda que non reflicte do todo o partido que se estaba vivindo en Lugo.

Tras o paso por vestiarios, o Lugo Sala empezou coa súa exhibición deixando sen opcións ao Begonte FS. No minuto 24 chegaría o 4 gol para o conxunto lucense, que o convertería Isi. Dous minutos máis tarde uníase Yago Tenreiro que poñía así o 5-0 no electrónico. Os pupilos de Fermín Hidalgo seguían facendo o seu traballo, e o conxunto visitante non conseguía frealos. As distancias no marcador seguían aumentando co paso dos minutos, xa que o Lugo Sala estaba a facer moito dano, e demostraba así que está nos postos da clasificación por algo. No minuto 28 reaparecía Pansi e poñía o 6-0. Xa no últimos cinco minutos do partido Brunito volvía facer gol (7-0).
O Begonte FS tivo a oportunidade de sumar un gol na súa marcadora nos minutos finais tras tirar un dobre penalti, que non lograron converter tras a parada de Yerai que volvía á pista despois de lesionarse hai un ano do xeonllo. Finalmente, Pablito sentenciaba o encontro nos últimos segundos, que deixaban así un resultado final de 8-0, a favor dun Lugo Sala que se atopa nunha boa dinámica e que chegará á próxima xornada na segunda posición da Segunda División B.

Resultados da Segunda División B

 

FICHA TÉCNICA

Lugo Sala 8: Guti, Javi, Pablito, Yago T., Mitxel – tamén xogaron – Caloto, Jose Segura, Dani, Brunito, Yerai, Rubén S., Pansi, Isi e Pedro.

Begonte FS 0: Sergio, Daniel Pardo, Daniel Jove, Brais, Martín – tamén xogaron – Jorge, Antón, Jesús, Ángel, Daniel Varela, Diego, Pablo e Antón Loures.

Goles: 1-0 Pansi (3′), 2-0 Javi (12′), 3-0 Brunito (16′), 4-0 Isi (24′), 5-0 Yago T. (26′), 6-0 Pansi (28′), 7-0 Brunito (35′), 8-0 Pablito (39′)

Árbitros: Jonathan Manjón Rodero, Adrián Barreiro Aldao, Amal Alahyene Marzouki.

Incidencia: Xornada 23 da Segunda División B