Dura derrota do Lugo Sala no Municipal frente o Leis Pontevedra (1-5)

O Municipal de Lugo viviu un novo encontro da Segunda B, entre o Lugo Sala e o líder da competición, o Leis de Pontevedra. Un duelo que prometía, pero que o conxunto lucense non supo estar á altura e caía de maneira dolorosa por 1-5.

Unha primeira parte na que o Lugo Sala saliu con moitos fallos defensivos, e sin atorar gol en ataque. A pesar da insistencia do equipo que dirixe Fermín Hidalgo por introducir o balón entre os tres paos, non había maneira. O Leis de Pontevedra supo aproveitar os erros do conxunto lucense, e no minuto 7 foron os encargados de abrir o electrónico.

Co paso dos minutos, e grazas a insistencia do conxunto local por intentar facer ben as cousas, chegou o primeiro gol do Lugo Sala e o que sería o único. Isi poñía o 1-1 dende o punto de doble penalti. A tensión cada vez era maior entre ambos conxuntos, e o conxunto lucense seguía sin atoparse cómodo no Municipal. O Leis Pontevedra deixaba un resultado o descanso de 1-2 tras outra boa transición do equipo.

Tras o paso por vestuarios o Lugo Sala saliu con máis intensidade defensiva, o que lle complicaba un pouco as cousas a salida de balón do conxunto pontevedrés. Aínda así, esto iba a durar pouco, e no minuto 27 o Leis poñía o 1-3.

Os pupilos de Fermín Hidalgo non eran capaces de xogar as súas cartas. Ataques que non convertían en gol, e malas defensas que ían a traer outros dous tantos para deixar un resultado final de 1-5. Un Lugo Sala que non entrou no encontro en ningún momento, e que foise deixándose levar con paso dos minutos.

Primeira derrota do Lugo Sala no que va de temporada, e o equipo xa traballando de cara a unha nova xornada da Segunda B.

 

Resultados Segunda División B

 

FICHA TÉCNICA

Lugo Sala 1: Adri García, Yago Tenreiro, Miguel Muñoz, Pansi, Isi – tamén xogaron – Sergio Vila, Javi García, Josep, Pablo Vázquez, Willy May, Mitxel, Iago Núñez, Dani, Sanfiz,

Leis Pontevedra 5: Daniel Pérez, Ivan Dominguez, Said, Nicolás Crespo, Mario – tamén xogaron – Alejandro Vasquez, Samuel, Yeray, Daniel Álvarez, Pablo Area, Alonso Cociña, Bruno e Iker.

Árbitros: Andrés Pinilla, Pablo Enrique Guntín Garrido e Nicolás Vázquez Jato.

Goles: 0-1 Iván Dominguez (7’), 1-1 Isi Rodriguez (14’) 1-2 Iván Dominguez (19’), 1-3 Daniel Pérez (27’), 1-4 Said Lahmidi (35’), 1-5 Daniel Pérez (38’).

Incidencias: Xornada 5 da Segunda División B