Empate na despedida de Segunda División entre CD Leganés FS e Lugo Sala (4-4)

O CD Leganés e Lugo Sala asinaron un vibrante empate (4-4) no último encontro da tempada en Segunda División de fútbol sala, disputado no Pavillón La Fortuna. O equipo madrileño despediuse da súa afección con repartición de puntos ante un Lugo Sala xa descendido, pero que mostrou carácter. Tamén debutou o porteiro do filial en dinámica no primeiro equipo durante todo o ano Nico Vila.

O duelo non tardou en abrirse. Juanma adiantou a Leganés aos seis minutos, pero Willy May, respondeu pronto co 1-1. Nun primeiro tempo frenético, Jorge volveu poñer por diante aos locais, aínda que Diego Núñez igualou de novo antes do descanso (2-2), deixando todo aberto para a segunda parte.

Tras o paso por vestiarios, Brunito puxo o 2-3 para Lugo Sala, aínda que a vantaxe durou pouco: David García igualou na seguinte acción. A recta final mantivo o guión imprevisible: O gardameta lucense Álvaro Cerviño fixo o 4-3 (en propia meta) no minuto 38, pero cando o partido parecía pechado, Álex Diz rescatou o empate para Lugo Sala cun tanto no último minuto de xogo.

O encontro serviu para a estrea oficial do porteiro lucense Nico, que debutou en Segunda División como premio a un ano de traballo e esforzo. 

Con este resultado, Leganés pecha o seu curso en casa cunha última alegría ofensiva, mentres que Lugo Sala despídese da división de prata coa cabeza alta e a mirada posta nunha futura reconstrución.

VOLTAREMOS.

 

Resultados da Xornada de Segunda División

 

Ficha do partido:

CD Leganés FS 4: Óscar de la Faya, Juanma, Alex Fuentes, David García e Miguel Alvarez – cinco inicial – Nestor Berga, Jorge, Pablo Merino, Guille Barreno, Carlos Delgado, Dani Colorado, Raul Risquez, Raul Cabañas e Andreu Linares. 

Lugo Sala 4: Nico, Brunito, Diego Núñez, Álex Diz e Willy May – cinco inicial – Raúl Sánchez, Álvaro, Iván Gemes, Saúl, Longo, Miguel Muñoz, Yago Tenreiro e Dani Pineda. 

Goles: 1-0 Juanma min.6, 1-1 Willy May min.9, 2-1 Jorge min.11, 2-2 Diego Núñez min.13, 2-3 Brunito min.30, 3-3 David García min.31, 4-3 Álvaro (propia meta) min.38 e 4-4 Álex Diz min.39. 

Árbitros: Christian Castro Robledo, Brian Torquemada Martínez, Jorge Moreno Durán e David Sánchez Prados. 

Incidencias: Xornada 30 da Segunda División Masculina de Fútbol Sala, desputada no Pavillón La Fortuna de Leganés.