Grazas Iago Rodríguez: o xogador lucense deixa de pertencer ao primeiro equipo

Iago Rodríguez Ulla e Lugo Sala separan os seus camiños no primeiro equipo. Ambas as partes chegaron de mutuo acordo á rescisión do contrato que lles unía e así o ala lucense de 32 anos deixou de pertencer á disciplina do primeiro plantel.

Desde o club só podemos dar as máis sinceras GRAZAS ao xogador pola súa implicación e compromiso ao longo destas case catro tempadas nas que foi parte importantísima de conseguir que o primeiro equipo chegase ata a 2ª división do fútbol sala español. Desde a súa fichaxe en xullo de 2021 a súa achega ao proxecto foi transcendental, axudando ao equipo para conseguir dous ascensos en tres anos e sendo clave no crecemento do club a través do primeiro equipo.

Iago Rodríguez seguirá como adestrador da base do club como viña facendo durante este curso 24/25 co seu equipo xuvenil de primeira futgal.

 

Desde a Xunta Directiva de Lugo Sala queremos desexarlle a Iago Rodríguez o mellor no seu futuro persoal e profesional.