José Segura, novo ala zurdo para Lugo Sala
Tras a incorporación no día de onte do pívot Isi, hoxe o club pechou á súa segunda incorporación. Así, o ala zurdo José Segura Lopez súmase ao persoal que conformará Lugo Sala para a tempada 2025/2026. O xogador, nacido en Andorra o 30/11/2001, procede do Enfaf Andorra da terceira división onde militou as últimas dúas tempadas.
Segura, de 23 anos, vén de realizar unha boa campaña co seu equipo que finalizou como cuarto clasificado achegando 19 goles durante a mesma. O andorrano destaca por ser un xogador de equipo, así como pola súa rapidez e a súa visión de xogo.
Lugo Sala 2025/2026:
- Baixas: Álex Diz, Álvaro e Guillermo Martínez.
- Renovacións: Yerai, Yago Tenreiro, Mitxel, Pablito e Willy May.
- Altas: Isi (Atlético Benavente) e José Segura (Enfaf Andorra).