Koke convértese na primeira fichaxe do Lugo Sala para reforzar a portería
Comezan os primeiros movementos no Lugo Sala. O conxunto lucense incorpora un novo porteiro nas súas filas, para reforzar a portería. Koke, un mozo de 19 anos e nativo de Lugo que regresa á súa cidade tras varias tempadas no Noia Portus Apostoli F.S.
Chega tras unha ampla trayectoría formativa e competitiva. Os seus inicios no fútbol sala tiveron lugar en Azkar Lugo, onde militou entre 2009 e 2013. Posteriormente continuou a súa formación no C.D. Lugo (2014-2020), pasando tamén polo C.P. Casás (2016-2017) e a A.D.C. Lumieira (2017-2019), antes de regresar ao C.P. Casás, clun no que permaneceu desde 2020 ata 2024.
Nas últimas tempadas defendeu a portería do Noia Portus Apostoli F.S., etapa na que logrou importantes éxitos deportivos. Entre eles destaca o título de Campión da División de Honra Grupo 1 na tempada 2024/2025, alén da súa participación na Copa de España e no Campionato de España, dúas das competicións máis prestixiosas do fútbol sala nacional en categorías de formación. Esta gran tempada levouno a ser convocado coa selección galega, tras o seu bo traballo individual.
O Lugo Sala dálle a benvida a Koke á súa nova casa, para seguir co seu crecemento deportivo e reforzar así a portería para a próxima tempada.



