Javi Fernández convértese na segunda fichaxe do Lugo Sala

O Lugo sala continúa perfilando o seu persoal para a próxima tempada, e con iso chega a segunda fichaxe. Javi Fernández (Vigo, 18 anos), un prometedor á-esquerdo que chega procedente do IES Coruxo, Segunda B, para poñerse a predisposición de Christian Costoya desde o primeiro día.

O mozo galego destaca pola súa velocidade, mobilidade e a súa capacidade para xerar perigo en ataque. O seu excelente golpeo, o desborde no un contra un e a súa rapidez en espazos reducidos convértenlle nun xogador desequilibrante en situacións ofensivas. A súa arma principal é a perna esquerda, coa que ten unha gran facilidade para xerar o perigo en atque.

Alén das súas calidades con balón, achega unha gran intensidade defensiva, compromiso e predisposición para o traballo en equipo, características que encaixan á perfección coa filosofía do Lugo Sala.

Con esta incorporación ao equipo, o club suma mocidade, proxección e talento ao seu persoal, confiando en Javi Fernández para a próxima tempada e a súa achega de calidade desde o primeiro día.