Laura Sas de Nutriiva convértese na nova nutricionista do club

Como en todas as tempadas deportivas hai cambios no staff técnico do primeiro equipo do club e un deles para esta nova campaña é a da incorporación da nutricionista Laura Sas quen a partir deste intre poñerá toda a súa experiencia en favor da nosa entidade para seguir mellorando o rendemento dos nosos xogadores.

Laura Sas Barbeito é graduada en nutrición humana e dietética (colexiada GA00244) e especializada en nutrición deportiva, contando con dous máster nese ámbito, o de Alimentación na Actividade Física e o Deporte pola Universitat Oberta de Catalunya, así como o Máster en Adestramento e Nutrición Deportiva pola Escola Universitaria Real Madrid – Universidade Europea. Ademais, na súa formación tamén conta co de antropometrista ISAK I.

Laura Sas, a través do convenio asinado con Lugo Salga, ofrecerá ademais beneficios para todos os nenos da Escola e os seus familiares directos, cun 20% de desconto sobre tarifa a través da consulta coa que conta en Rúa Río Neira, 14 – baixo, da nosa cidade. Ademais, os socios do club para esta tempada 25-26, recibirán un 10% de desconto en caso de querer beneficiarse dos seus servizos.

 

Podes coñecer máis sobre os seus servizos e a súa consulta en INSTAGRAM NUTIIVA