Lugo Sala álzase co derbi frente o Villalba e dalle paso a seguinte rolda da Copa del Rey (5-2)

O Municipal de Lugo viviu o derbi lucense entre o Lugo Sala e o Villalba FS, encontro que lles daba a clasificación a seguinte rolda da Copa del Rey. Tras un inicio no que os lucenses non estiveron a altura, co paso dos minutos conseguiron facerse fortes e alzarse co triundo por 5-2.

Primeiros 10 minutos no que o Lugo Sala non estaba no seu mellor momento, e tras unha boa transición do Villalba FS e unha mala defensa do conxunto lucense, o conxunto visitante abría o marcador para poñer o 0-1. Fermín Hidalgo viuse obrigado a pedir un tempo morto para axustar os seus xogadores, xa que necesitaban entrar pronto en no encontro para ter opcións de levarse a victoria.

Co paso dos minutos, e os nervios de todo un derbi nunha competición como a Copa del Rey, chegaban as faltas para intentar frenar os rivais. Pouco a pouco, o Lugo Sala comezou a facerse forte, e Willy May foi o encargado de poñer o 1-1 o descanso.

Tras o paso por vestuarios a dinámica comezou a cambiar. O Lugo Sala saliu con máis intensidade defensiva, o que lles daba máis oportunidades para facer gol. Así iba a chegar o 2-1 no minuto 24, e o encargado foi Javi. A felicidade iba a durar moi pouco, xa que no minuto seguinte, o Villalba FS replicou e volveu a poñer en táboas o marcador.

Un Lugo Sala que non baixa nunca os brazos, seguiu loitando ata o final. Isi, no minuto 28 poñía o 3-2 para darlle unha pequena ventaxa no marcador. Co paso dos minutos apareceu Pablo para sentenciar o encontro con dous goles, e poñer así o resultado final de 5-2 que lles da o pase a seguinte rolda da Copa del Rey.

Tras dúas xornadas sin ver a victoria, o Lugo Sala viu a luz e seguirá traballando por conseguir outra o domingo nunha nova xornada da Segunda B.

Resultados Copa del Rey

 

FICHA TÉCNICA

Lugo Sala 5: Adri, Javier García, Josep, Pablo, Mitxel – tamén xogaron – Vila, Willy May, Yago Tenreiro, Miguel Muñoz, Pansi, Isi, Iago Núñez, Dani, Sanfiz.

Villalba FS 2: Daniel Gabeiras, Antón Gayoso, Iago, Ismael, Diego – tamén xogaron- Martín, César J, Diego Amado, Héctor, Alejandro, Longo, Hugo Beceiro, Kevin, Javier Regueiro.

Árbitros: Daniel López López, Manuel Castro, Nicolás Vázquez Jato.

Goles: 0-1 Diego López (8’), 1-1 Willy May (17’), 2-1 Javier (24’), 2-2 Kevin (26’), 3-2 (29’) Pablo, 4-2 Isi (29’), 5-2 Javier (32’)

Incidencia: Eliminatoria Copa del Rey, Municipal (Lugo)