Lugo Sala cae ante Málaga Ciudad Redonda e complícase a permanencia (2-5)
Lugo Sala non puido sumar en casa e caeu por 2-5 ante o Málaga Ciudad Redonda no Municipal, nun encontro correspondente á 26ª xornada da Segunda División de Fútbol sala. Con esta derrota, o conxunto lucense permanece na 16ª e última posición da táboa con 22 puntos, a falta de só catro xornadas para a finalización do campionato.
O choque comezou con ilusión para os locais, que se adiantaron rapidamente no marcador grazas a un tanto de Adrià Blat no minuto 2. Con todo, a alegría durou pouco. O conxunto malagueño reaccionou con contundencia e en apenas tres minutos logrou darlle a volta ao marcador con goles de Alvarito (15′), Rosental (16′) e Davilillo (18′), poñendo o 1-3 antes do descanso.
Xa na segunda metade, Lugo Sala tentou recortar distancias con máis corazón que claridade, e foi novamente Blat quen asinou o seu dobrete no 32′, alimentando as esperanzas de remontada (2-3). Pero esas aspiracións desvanecéronse rapidamente: Rosental, tamén co seu segundo tanto da tarde, ampliou a vantaxe visitante apenas un minuto despois (33′), e Alvarito pechou o marcador no 39′ a porta baleira co definitivo 2-5.
O equipo dirixido por Guillermo Martínez viuse superado nos momentos clave do partido, e aínda que mostrou actitude e entrega, non logrou frear o poder ofensivo dun Málaga Ciudad Redonda que se mostrou eficaz nos metros finais.
Con esta nova derrota, Lugo Sala segue ancorado na última posición, e ve como se estreita a marxe para alcanzar a salvación. O equipo afrontará o últimas catro xornadas coa obrigación de sumar de tres en tres e esperar tropezos dos seus rivais directos para manter vivas as súas opcións de permanencia.
O próximo compromiso será unha auténtica final ante o CD Sporting La Nucia, na que os lucenses deberán apelar á unidade e traballo colectivo para reverter unha situación que, aínda que complicada, aínda non é definitiva.
Resultados da Xornada de Segunda División
Ficha do partido:
Lugo Sala 2: Raúl Sánchez, Brunito, Diego Núñez, Alex Diz e Adri Blaat – cinco inicial – Álvaro, Yerai, Iván Gemes, Saúl, Longo, Miguel Muñoz, Yago Tenreiro, Dani Pineda e Porto.
Málaga Ciudad Redonda 5: Mellado, Burrito, Barranco, Alvarito e Óscar – cinco inicial – Mario Almagro, Miguel, Davilillo, Yunii, Rosental, Campano e Kiko.
Goles: Adri Blat 1-0 min.2, Alvarito 1-1 min.15, Rosental 1-2 min.16, Davilillo 1-3 min.18, Adri Blat 2-3 min.32, Rosental 2-4 min.33 e Alvarito 2-5 min.39.
Árbitros: Kepa Diez España, Eduardo Otamendi Larasco, Daniel Dacal Deza e Clara Diez Gil.
Incidencias: Xornada 26 da Segunda Dvisión Masculina de Fútbol sala, desputada no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.