Lugo Sala cae con honra no derbi galego ante O Parrulo Ferrol (4-2)
Lugo Sala loitou ata o final no derbi galego da Segunda División, pero non puido evitar a derrota ante O Parrulo Ferrol por 4-2 no partido disputado na tarde do sábado no Pavillón da Malata, correspondente á 23ª xornada da competición.
O encontro comezou cunha gran intensidade, sen un claro dominador nos primeiros minutos. Lugo Sala xerou a primeira gran ocasión do partido por medio de Adri Blat, quen estivo preto de abrir o marcador cun disparo desde a frontal da área. A medida que avanzaba o primeiro tempo, O Parrulo Ferrol tentou facerse co control do balón, mentres que os nosos mantivéronse firmes en defensa, sen renunciar ás súas oportunidades.
O xogo físico e a acumulación de faltas foron determinantes na primeira metade. No minuto 10, Lugo Sala dispuxo dun dobre penalti que foi convertido de maneira maxistral por Álex Diz, adiantando ao noso equipo no marcador. A resposta local non se fixo esperar e, tras un axustado lanzamento de dobre penalti, Diogo igualou o partido.
Co marcador empatado, o equipo decidiu arriscar con Brunito como porteiro-xogador, pero O Parrulo Ferrol logrou adiantarse cun gol de Turbi desde media pista. Con todo, cando todo parecía indicar que os ferroláns se irían ao descanso con vantaxe, Dani Pineda aproveitou un rexeite dentro da área para marcar o 2-2 e devolver a esperanza aos nosos antes da pausa.
O segundo tempo comezou cun temperán gol dos locais, quen aproveitou unha falta lateral para que Rubén Orzáez empuxase o balón ao fondo da rede. A partir de aí, Lugo Sala mantivo a súa competitividade e tivo varias oportunidades para igualar novamente o marcador, cun disparo ao traveseiro de Álex Diz como unha das accións máis claras.
Co equipo buscando o empate, Nico Rosa ampliou a vantaxe ferrolá cun disparo á escuadra, aproveitando un pase de Iván Rumbo. A pesar dos intentos finais de Lugo Salga co xogo de cinco, O Parrulo Ferrol defendeu con solidez e o marcador xa non se movería, pechando o encontro co definitivo 4-2.
A pesar da derrota, Lugo Sala deixou unha gran imaxe nun derbi moi disputado e segue enfocado na pelexa polos obxectivos da tempada. O equipo buscará repoñerse na próxima xornada, na que recibirá ao seu seguinte rival en busca de tres puntos fundamentais.
Resultados da Xornada de Segunda División
FICHA TÉCNICA
O Parrulo Ferrol 4: Mati Starna, Iván Rumbo, Morgato, Rubén Orzáez, Nico Rosa – tamén xogaron – Víctor Montes, Novoa, Gonzalo Santa Cruz, Diogo, Turbi, Manu Aguayo e Domingos.
Lugo Salga 2: Raúl, Brunito, Diego Núñez, Álex Diz, Adri Blat – tamén xogaron – Iván Gemes, Saúl, Miguel, Yago Tenreiro e Dani Pineda.
Árbitros: Christian Castro Robledo e Marcos Cazorla Pérez, xunto con Marcos Noya Pardo como terceiro árbitro e Clara Díez Gil como asistente (Comités castelán manchego e galego). Amoestaron aos xogadores de Lugo Salga Iván Gemes, Brunito, Álex Diz, Adri Blat e Porto.
Goles: 0-1 Álex Diz (dobre penalti) min.10, 1-1 Diogo (dobre penalti) min.13, 2-1 Turbi min.15, 2-2 Dani Pineda min.19, 3-2 Nico Rosa min.22, 4-2 Nico Rosa min.29.
Incidencias: Xornada 23 da Segunda Dvisión Masculina de Fútbol sala, Pavillón A Malata (Ferrol).