Lugo Sala compite con garra, pero o líder impón a súa efectividade (0-3)
O Lugo Sala plantou cara ao líder de Segunda División, o Real Betis Futsal, nun partido desputado, pero a efectividade do conxunto verdibranco marcou a diferenza, permitíndolle levar os tres puntos a Sevilla.
A pesar da derrota, o técnico Guillermo Martínez destacou o esforzo do seu equipo: “Defendemos a un nivel espectacular e estou orgullosísimo do equipo. Viuse unha gran unión, todas as mensaxes eran positivas”, afirmou.
Desde o inicio, o Real Betis Futsal buscou dominar a posesión, mentres que o Lugo Sala apostou por unha defensa sólida que mantivo o marcador en táboas durante o primeiros dez minutos. Con todo, no minuto 10, Povea adiantou aos andaluces cun potente disparo á escuadra. Seis minutos despois, Quique Hernando ampliou a vantaxe cun remate cruzado, e xusto antes do descanso, Povea asinou o seu dobrete para deixar o 0-3 no marcador.
Na segunda metade, o Lugo Sala mantivo a súa intensidade defensiva e buscou o gol mesmo con porteiro-xogador, pero a sólida defensa bética impediu calquera intento de remontada, selando así o resultado final.
O conxunto de Guillermo Martínez xa centra a súa atención na próxima xornada, na que visitará en Ceuta ao Unión África Ceutí, un rival directo na clasificación. O encontro disputarase o sábado 15 de febreiro ás 18:00 horas.
Resultados da xornada de Segunda División
Lugo Sala 0: Raúl Sánchez, Iván Gemes, Miguel Muñoz, Diego Núñez e Porto – cinco inicial – Álvaro, Yerai, Saúl, Álex Diz, Yago Tenreiro, Adri Blat e Dani Pineda.
Real Betis Futsal 3: Marcos Ferreyra, Charly, Dickson, Cristian Povea e Ismael – cinco inicial – También jugaron Starna, Álex García, Pablo Guti, Rafa López, Quique Hernando e Pablo Otero.
Árbitros: Ander Garrido e Víctor Toca. Amonestaron aos locais Miguel Muñoz, Daniel Pineda e Porto; tamén amonestaron aos visitantes Álex García, André Brocanelo e Charly.
Goles: 1-0 Cristian Povea (10′), 2-0 Quique Hernando (13′) e 3-0 Cristian Povea (20′).
Incidencias: Partido correspondiente á xornada 18 da Segunda División de Fútbol Sala no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.