O Lugo Sala atrapa o seu primeiro punto en Sevilla (1-1)
O Lugo Sala afrontaba a cuarta xornada da categoría de prata en Sevilla, enfrontándose a un duro Real Betis que se situaba como quinto clasificado na táboa que viña de obter dous empates e unha victoria. O partido comezou cunha primeira parte na que os locais dominaron, tiveron o balón e obtiveron numerosas ocasións que detivo Yerai. Desgraciadamente nunha acción desafortunada, o xogador do Lugo Sala Luis Longo marchábase lesionado da cancha e mandámoslle moita forza e unha pronta recuperación de parte da familia do noso club. No minuto 18´ tras sacar porteiro xogador, o Real Betis poñía o primeiro gol (1-0) de Charly e o partido chegaba ao descanso.
Na segunda parte, o equipo local someteu aos nosos pero a gran defensa lucense seguía evitando o segundo tanto do equipo bético, o Lugo Sala foi crecendo e provocando ansiedade no rival e aproveitando que os locais estiveron pouco acertados, no minuto 38, Brunito facía o empate (1-1) facendo realidade o primeiro punto dos nosos en Segunda División.
O Lugo Sala afronta a próxima quinta xornada contra o CD Leganés FS no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo, situado un posto por encima do equipo lucense e mostrándose como un partido importante para sumar a primeira victoria do equipo.
Resultados da Xornada de Segunda División
FICHA TÉCNICA:
Real Betis FS 1: Starna, Spellainz, Álex García, Lin, Povea, Henriqu, Pablo, Rafa, Jacksonville, Pablo Otero, Charly, Ismael, Ferrey e Raúl Sánchez.
ADC Lugo Sala 2: Yerai, Brunito, Diego Núñez, Álex Diz e Porto – cinco inicial – Iván Gemes, Iago Rodríguez, Saúl, Álvaro, José López e Willy May.
Goles: 1-0 Charly min. 18 e Brunito min.38.
Árbitros: Zohir Boughdad e Diego Corredor.
Incidencias: cuarta xornada da Segunda División de fútbol sala masculina – Centro Deportivo Amate (Sevilla)