O Lugo Sala cae ante o Barça Atletic pese a mostrar signos de mellora (3-5)

O Lugo Sala afrontaba a terceira xornada da tempada no seu feudo, enfrontándose a un duro rival, o Barça Atlètic, equipo que xa demostrara a súa capacidade competitiva nos seus anteriores compromisos ante o Real Betis Futsal e o Sala 5 Martorell. A pesar do esforzo do conxunto lucense, o equipo blaugrana levou os tres puntos de regreso a Barcelona. Con todo, o Lugo Sala mostrou escintileos de mellora en comparación coas dúas xornadas anteriores, tal e como sinalou o seu técnico, Guillermo Martínez, ao finalizar o encontro: «Hai sensacións de melloría e debemos ser máis autoexigentes nos detalles. Depende de nós, e estou convencido de que imos sacar puntos».

O partido comezou de forma prometedora para o Lugo Sala, cun gol de Iago Rodríguez desde fóra da área, adiantando aos locais (1-0). Con todo, o Barça Atlètic reaccionou rápido e Roger García igualou o marcador (1-1). Pouco despois, Rubén Rodo puxo o 1-2 para os visitantes, dándolles unha lixeira vantaxe ao descanso.

A segunda parte iniciou cun gol temperán de Rubén Sánchez (1-3), ampliando a vantaxe para os visitantes. Con todo, o Lugo Sala respondeu dous minutos despois co primeiro tanto de Willy May coa camiseta lucense, acurtando distancias (2-3). Un erro defensivo permitiu ao Barça Atlètic aproveitar un libre indirecto e anotar o 2-4 tras unha dubidosa falta en contra dos lucenses que fose a sexta do equipo catalán. No minuto 36, Albert Ortas marcou o quinto tanto para os visitantes (2-5), aínda que Diego Núñez conseguiu reducir a diferenza no último minuto, establecendo o definitivo 3-5.

A pesar do resultado, o Lugo Sala mostrou progresos que convidan o optimismo para os próximos encontros.

 

Resultados da xornada de Segunda División

 

FICHA TÉCNICA: 

ADC Lugo Sala 1: Yerai, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Álex Diz e Willy May – cinco inicial – Saúl, Longo, Brunito, Miguel ©, Álvaro, Jose López,, Mitxel, Iván Gemes e Porto. 

Barça Atletic 2: Iker Abad, Albert Ortas, Pol Cano, Pau Boladeras e Roger Garcia – cinco inicial – Pau López, Sergi Viedma, Ruben Rodo, Ruben Sánchez, Aniol Vendrell, Jordi Sánchez e Adria Sánchez. 

Goles: 1-0 Iago Rodríguez min. 2, 1-1 Roger Garcia min. 3, 1-2 Ruben Rodo min. 9, 1-3 Ruben Sanchez min. 21, 2-3 Willy May min. 23, 2-4 Ruben Sánchez min. 34, 2-5 Albert Ortas min. 36 e  3-5 Diego Núñez min.39. 

Árbitros: Javier Caballero e Victor Toca

Incidencias: terceira xornada da Segunda División de fútbol sala masculina – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.