O Lugo Sala cae en Paterna ante un superior Levante UD FS (7-2)

O equipo dirixido por Guillermo Martínez viaxou a terras valencianas para enfrontarse ao Levante UD FS, conxunto que finalizou 2024 como noveno clasificado na liga. O conxunto local demostrou a súa superioridade no Pavillón Municipal de Paterna e levou os tres puntos tras unha clara vitoria.

O encontro comezou co Levante impoñendo o seu ritmo desde o inicio. Apenas transcorría o minuto 2 cando Pablo inaugurou o marcador cun temperán tanto (1-0). Catro minutos despois, Pedro Toro ampliou a vantaxe cun gol de gran factura que colocou o 2-0 no luminoso. Lugo Sala tentou reaccionar e logrou recortar distancias grazas ao gol de Álex Diz no minuto 13 (2-1). Con todo, Parreño e Tobar ampliaron novamente a vantaxe para o equipo levantino con goles consecutivos nos minutos 16 e 17, selando un 4-1 antes do descanso.

Na segunda metade, o Levante mantivo a intensidade e Pablo volveu aparecer un minuto despois do reinicio para anotar o quinto gol local (5-1). Pouco despois, Pedro Navajas sumou o sexto tanto, e Pedro Toro completou a súa gran actuación persoal co sétimo. A pesar da desvantaxe, Lugo Sala non baixou os brazos e Álex Diz anotou o seu segundo gol do partido no minuto 33 para deixar o marcador final nun contundente 7-2.

Tras esta derrota, os lucenses xa miran cara a adiante e prepárase para o seu próximo reto: as semifinais da Copa Galicia. O conxunto lucense medirase ao Noia Portus Apostoli FS, equipo de Primeira División, o vindeiro xoves 16 de xaneiro ás 21:30 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.

 

Resultados da xornada de Segunda División

 

 

FICHA TÉCNICA: 

Levante UD FS 7: Serra, Parreño, Pablo Garcia, Pedro Navajas e Pedro Toro – cinco inicial – Jose Iglesias, Carlos Sanchez, Antonio Ibañez, Ignacio Benages, Omar, Daniel Llopis, Antón Fraile e Alberto Parreño. 

ADC Lugo Sala 2: Yerai, Iván Gemes, Saúl, Brunito e Porto – cinco inicial – Álvaro, Iago Rodríguez, Miguel, Diego Núñez, Álex Diz, Adrià Blat e Dani Pineda. 

Goles: 1-0 Pablo min.2, 2-0 Pedro Toro min.6, 2-1 Álex Diz min.13, 3-1 Ignacio Parreño min.16, 4-1 Omar min.17, 5-1 Pablo min.21, 6-1 Pedro Navajas min.27, 7-1 Pedro Toro min.29 e 7-2 Álex Diz min.33.

Árbitros: Eduardo Sierra Gimeno e Brian Torquemada Martínez. 

Incidencias: Decimoquinta xornada da Segunda División de Fútbol Sala Masculina – Pavillón Municipal de Paterna.